Alonso Caxade


Categoría: Músico
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Dança dos Moscas

Gente Pota
 Currículum

Ligado desde cativo á tradición musical galega, estudou acordeón no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, e Educación Musical mailo Posgraduado de Música Tradicional Galega na Univesidade de Compostela.

Gravou para os discos “Galiza Sons Folk” (2001, ed. Sons Galiza), “Roi Xordo” (2002, ed. Phonos), “Con Dignidade” (2003, ed. A Fábrica de Lus), “Son de Galiza: Recopilatorio de Música Galega” (2003, ed. La Voz de Galiza), “Isolma” (2008, ed. Cumio), Tiruriru (2009, ed. Falcatruada), e "Jazz&Trad." (2012, Autoedición PELdeNOZ-ComCerteza)

En 2005 consegue co Cuarteto Caramuxo o “X Premio de Teatro María Casares” á mellor música orixinal, polo espectáculo “Vento Mareiro” de Avelino González. En 2010 o 2º "Premio Opinión" co Cuarteto Caramuxo por "Tiruriru".

Logo de participar en gravación, colaborar ou tocar con grupos tan dispares en estilo como o grupo de folc Roi Xordo, o de rock&roll Ruxe-Ruxe, NugaJazz Quartet, o grupo de tradicional Pablo Seoane, o grupo de power pop The Homens, ou con compañías de teatro como Chévere, agora a súa actividade musical, á marxe da docencia como mestre, céntrase en Cuarteto Caramuxo, no dúo de jazz&trad. PELdeNOZ, em CabRaret e na Orquestra Os Modernos.

 Outros datos de interese

En setembro de 2012 inicia un novo proxecto persoal chamado "Caxade". Primeiro publica "Dança dos Moscas” e un mes despois "Gente Pota".