Justo Jorge López


Data de Nacemento: 1 de setembro de 1948
 Currículum

Profesor de EXB.
Foi director dos Cursos de Formación en Recursos Humanos impartidos pola FEGAS ata xaneiro de 2001. Impartiu neste período un considerable número de cursos nos distintos hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde.
Foi profesor da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo, durante 7 cursos, impartindo a materia de terceiro curso “Socioloxía da Organización e da Empresa”.

 Obras realizadas

EXPERIENCIA PROFESIONAL:
Funcionario de carreira desde o 1 de abril de 1974, en Lugo, inicialmente no I.N.P., e posteriormente no INSALUD desde o 1 de agosto de 1981, e no Servizo Galego de Saúde desde o 1 de xaneiro de 1991.
Pertence ó Corpo de Xestión desde o ano 1984.
Xefe do Servizo de Recursos Humanos por concurso, desde o ano 1987 ata o ano 2005.
Desde novembro de 1991 ata xaneiro de 2001, foi asesor técnico do Gabinete da Consellería de Sanidade, en Santiago. Neste período compartiu dita actividade coa colaboración na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, de forma moi especial na organización das Ofertas de Emprego e na negociación dos distintos pactos de vinculacións temporais, entre outros.
Desde 2001 ata 2004, foi xefe do gabinete da mesma Consellería.
Pertence ó Padroado da FEGAS (Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria), desde a súa fundación ata novembro de 2004.
Desde 2005 ata a actualidade, desempeña o posto de Director Xerente do Hospital Policlínico Lucense, S.A. (POLUSA), en Lugo.