Exerceu a ensinanza en Viveiro (Lugo) e en Verín (Ourense), vila da que foi profesor de "Academia Verinense".
Foi o autor de "Aos contos", "Casos y cosas”, "En perro flaco", "Nuestra Señora de los Remedios", "Tiempos pretéritos", colaborador de prensa en "El Eco de Monterrey" e correspondente de "Faro de Vigo" en Verín.
Cando faleceu, estaba preparando a "Historia de Galicia" e unha segunda parte de "Casos y cosas".
Como galeguista mantivo relación con Vilar Ponte, Cuevillas, Risco e varios colectivos na emigración.
A música, especialmente a zarzuela e a galega, era unha das súas grandes afeccións.