María Guerrero Rico


Categoría: Mestra e debuxante

CulturaGalega. Galería de Arte.
 Currículum

Mestra vilalbesa. Debuxante e ilustradora por afección e necesidade persoal. Esta afección foi herdada da súa nai quen guiou as súas primeiras liñas sobre calquera soporte que atopaba, e que resultaba válido para os seus debuxos infantís. Medrou pois entre lenzos, pinceis e pinturas. O seu xeito de debuxar caracterízase por empregar os mínimos trazos posibles e gusta de representar aquelo que a rodea, as cousas sinxelas da vida cotiá e sobre todo o mundo feminino.

 Obras realizadas

Colaborou na edición de varios libros de poemas como: "No soño dos ollos" de Xosé Lois García, "Doce Ducias", "No perfil das verbas" de Mero Iglesias ou nun libro do mesmo autor dirixido a público adolescente "No baleiro dunha soidade".

En 2022 ilustrou o libro "Imos coller niños novos" de Xosé Otero Canto, sobre a poesía galega de Francisco de Fientosa.

É tamén colaboradora habitual da asociación cultura 'Xermolos', con láminas, carteis ou exposicións compartidas con outros debuxantes.