É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e pertence ó Corpo de Interventores e Auditores do Estado. Foi xefe da Sección de Análise e Programación da Dirección Xeral do Tesouro, da Sección de Auditoría e Verificación na Intervención Xeral da Administración do Estado, interventor delegado da Universidade de Santiago de Compostela, interventor rexional de Facenda para Galicia e delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo. En 1996 foi nomeado interventor auditor na Delegación Especial de Galicia do Ministerio de Economía e Facenda e desde 2001 era interventor territorial na Delegación do Ministerio de Economía e Facenda de Lugo. O Consello de Ministros, na súa reunión do 4 de xuño de 2004, nomeouno delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo (xa ocupara o cargo de delegado entre xaneiro de 1989 e xullo de 1996). Durante esa etapa, o Consorcio incrementou as súas actividades de promoción do comercio exterior, propias dunha zona franca, ata converterse na importante axencia de desenvolvemento local que é na actualidade.