José Baldomir Rodríguez


Categoría: Músico
Data de Nacemento: 26 de novembro de 1867 (†1 de febreiro de 1947)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Foi discípulo de Marcial Torres del Adalid. Deu clase na Escola de Belas Artes da Coruña, interveu en varios tribunais de oposicións e presidiu o xurado de certames musicais para orfeóns, bandas e coros galegos. Foi director dos orfeóns "El Eco" e "El Brigantino", das orquestras do "Liceo del Brigantino",da orquestra da sociedade "Bretón de los Herreros" e dos coros e orquestra das Fillas de María. En 1906 foi invitado a dar un recital no Ateneo de Madrid e tamén realizou unha xira por España, Francia e Portugal.

 Obras realizadas

Entre as súas obras destacan as óperas A Virxe do Cristal e Santos e Meigas e as obras instrumentais Oratorio e Poema sinfónico. Creou obras sobre a base de poemas de Rosalía ("Ti onte, mañán eu"; "Grilos e ralos"...), Pondal ("Monte Branco"; "Ten o seu punto a rosa"), Cabanillas ("Camiño da ermita"; "O cantar"...), Curros ("¿Cómo foi?") e de outros poemas casteláns. Desenvolveu actividades de musicoloxía recollendo temas tradicionais galegos para Cantos y bailes populares de España de José Irizanga e Cancionero Musical Popular Español de Felipe Pedrell.

 Outros datos de interese

Foi nomeado académico da Real Academia Provincial Coruñesa de Belas Artes (1905), da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (1922) e numerario da Real Academia Galega (1941).