O seu primeiro contacto coa pintura foi de estudante de Bacharelato, con Felipe Criado. Anos máis tarde goza do privilexio de traballar durante algúns anos con Antonio García Patiño e aí descobre a “maxia artística” dun auténtico xenio. É entón cando decide meterse de cheo na pintura. Coñece a Carmen Senande, escultora e pintora, que a anima a seguir por esa liña de intenso contido cromático. A súa pintura é persoal, vitalista, vivencial, entusiasta e expresiva.
EXPOSICIÓNS:
2000. Exposición Sporting Club Casino (A Coruña).
2001. Exposición Galería Goya (A Coruña) e Hotel Meliá Confort (Girona).
2002. El Corte Inglés (A Coruña).
2002. Casa da Cultura de Pontedeume (A Coruña).
2005. Forum Metropolitano (A Coruña) e Asociación de Artistas da Coruña.
2006. Casa das Letras de Ribadeo (Lugo), Marbella, presentación do Diccionario Internacional de Artistas, Hotel Auriense (Ourense) e exposición no Hotel Ciudad de A Coruña.
2006-2007. Exposición Itinerante ADEGA.
2007. Exposición en 'Jacob Javits Center', New York.
2007. Sanxenxo (Pontevedra).
2007. Exposición Feira de Artesanía, Bergondo.
2007. Presentación do Diccionario Internacional de escritores e pintores Europeos e americanos.
2007. Exposición Cadena Hoteles Eurostar, A Coruña.
2007. Exposición Tryp María Pita, A Coruña.
2008. Exposición Art Natura. Participan máis de 140 artistas e escritores galegos coa temática da defensa do medio natural. Edificio Palexco. A Coruña.
2008. Exposición en Palexco.
2008. Revista Conectarte.
2014. "Antónimos" en Villa Concepción, Cambre (A Coruña).
2017. Exposición 'Regeneración' en Librería Biblos Betanzos.
Ten obra permanente no Sporting Club Casino A Coruña, Casa da Cultura de Pontedeume, Restaurante A Cabana, Hoteles Euroestar Ourense e A Coruña e Hotel Tryp María Pita.
En 2018 deu unha conferencia titulada 'Cromoterapia Integrativa' en El Corte Inglés.