- Licenciada con Grado en Filosofía e Letras (1970) -Premio Extraordinario de Licenciatura-Doutora en Historia (1977)-Profesora Axudante, Profesora Adxunta e Catedrática Interina de Historia Medieval na USC entre 1970 e 1984. -Profesora Titular Numeraria de Historia Medieval (1984-1997)-Catedrática de Historia Medieval da USC dende 1997-Interveu como profesora de terceiro ciclo, directora de Seminarios ou conferenciante, en diferentes universidades e no Consello Superior de Investigacións Científicas.-Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais de historia medieval. -Foi investigadora principal en proxectos financiados polo Ministerio de Cultura e o Consello da Cultura Galega orientados á arqueoloxía medieval e ó estudio das fontes documentais da Idade Media.
-Os seus libros máis importantes mereceron críticas moi favorables nas máis prestixiosas revistas europeas e americanas de Historia Medieval.-Recibiu o premio de Investigación da Xunta de Galicia no ano 1995.-Centrou a súa investigación na Galicia da Idade Media, con atención preferente ós problemas do mundo monástico na perspectiva económico-social. Máis recentemente a exploración dos dominios da mentalidade colectiva - ós que accedeu a través do estudio dos comportamentos ante a morte, a estructura do parentesco e o papel das mulleres na sociedade - é tamén obxecto principal do seu interese. É autora ou coautora, entre outros, dos seguintes libros : -El bajo Valle del Miño en los siglos XII e XIII. Economía agraria y estructura social (1971).-El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia Medieval (1979).-Galicia en la época medieval (1991).-De Galicia en la Edad Media. Sociedad, Espacio y Poder (1993).-A vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500) (1993).-Ilduara, una aristócrata del siglo X (1998). Publicou, ademais, unha longa serie de artigos en revistas científicas e actas de congresos nacionais e internacionais.