Xefa do Grupo de investigación CellCOM no INIBIC en A Coruña (CHUAC-SERGAS) dende 2014.
Os proxectos que dirixe están enfocados a trasladar a investigación básica sobre enfermidades relacionadas coa idade e cancro á clínica mediante a identificación de novas dianas terapéuticas e biomarcadores. Ó longo da súa carreira rexistrou 5 patentes (3 delas a nivel internacional, PCT) e contribuíu ó descubrimento de novas dianas terapéuticas para o tratamento da artrose.
Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (2000) e Doutora pola Universidade Complutense de Madrid en 2006 (CIB Margarita Salas, CSIC).
Realizou dúas estancias postdoutorais no Imperial College London e no MRC London Institute of Medical Science (2006-2010).
En 2010 volveu a España para incorporarse ó INIBIC.
Dende 2013, María Mayán recibiu de xeito continuo financiamiento público por parte do ISCIII e é Investigadora Principal (PI) en varios proxectos privados e públicos.
Actualmente é IP nun proxecto coordinado FET-OPEN dentro do Pilar de Ciencia Excelente H2020.
Os resultados obtidos polo seu grupo foron galardoados pola Sociedade Española de Reumatoloxía (2013), e máis recentemente pola Real Academia Galega de Ciencias (Premio 2020 de Transferencia Tecnolóxica "Francisco Guitián Follea”).
A Doutora Mayán participa como evaluadora de proxectos e contratos de investigación de axencias de investigación a nivel nacional e internacional.
Organizou máis de 14 Conferencias/Workshops financiadas por diferentes entidades e con participación de investigadores a nivel internacional.
É co-organizadora do próximo congreso internacional IGJC2022 e membro de diferentes accións COST (European Cooperation in Science and Technology).
Os resultados do seu grupo foron apoiados polo programa PRIS do Sistema Galego de Saúde (ACIS, SERGAS).
É fundadora e coordenadora do Grupo Científico "Química Biológica" da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM) e participa activamente en ASEICA-Mujer, espacio coordinado por Marisol Soengas dende a Asociación Española de Investigación sobre o Cáncro (ASEICA).
Participa activamente en actividades de divulgación científica e de promoción da ciencia e innovación, artigos en prensa e actividades co obxectivo de visibilizar e recoñecer ás mulleres científicas.