María Barros


Categoría: Deseñadora
Data de Nacemento: 27 de xaneiro de 1980
Lugar de Nacemento: A Coruña

   Cultura
 Currículum

Tendo unha clara vocación polo artístico e gran paixón polo deseño, cursa  deseño de moda no Istituto Europeo di Design de Milán, cidade onde realiza a súa tese baixo a dirección da directora de Vogue Italia, Franca Sozzani.

Con tan só 21 anos obtén o premio internacional “Moët&Chandon Young Fashion Award” á mellor deseñadora nova Europea, premio outorgado en colaboración  coa Camera Nazionale della Moda Italiana.

Máis recentemente, en 2009, a revista Capital publica o listado dos 100 mozos máis prometedores de España, onde sinala á deseñadora galega como unha das personalidades máis influíntes do país e primeira dentro do ámbito do deseño.

Así mesmo, en 2011, o xornal La Razón, posiciona a María Barros no ranking dos 50 mozos máis influíntes do panorama nacional.

Despois de traballar con deseñadores como Roberto Cavalli en Florencia, Modesto

Lomba en Madrid ou Pupi Solari en Milán, María Barros crea a súa propia firma en 2003.

Desde esta data, María Barros presentou as súas coleccións de moda en diferentes  pasarelas  internacionais. Inicialmente participa na Pasarela  Gaudí  durante  catro  temporadas consecutivas. Posteriormente incorpórase ao Calendario de desfiles da Pasarela de Milán. A partir deste momento, as súas coleccións comezan a estar presentes en diferentes tendas multimarca de España, Italia, EEUU, Rusia e Arabia.

Concibindo o deseño coma un estudo multidisciplinar, de forma paralela ás súas creacións de moda realiza colaboracións noutros campos do deseño.

Mostra diso é a colección de  mobiliario “Couture”,  na que os seus conceptos  de moda  se  fusionan  para  ser  globais  e entendidos baixo o pensamento do interiorismo. Esta colección viste algún dos espazos máis emblemáticos e modernos de Europa. Igualmente, as coleccións de María Barros pódense ver en diferentes campañas publicitarias internacionais, como por exemplo as presentadas pola xoiería Suárez, Carrera&Carrera ou Freixenet.

Asimismo, María Barros deseña colecciónss cápsula para outras firmas, entre

as que destaca o deseño da primeira colección textil para a firma de complementos Hazel: Hazel by María Barros.

No ano 2012, María Barros entra a formar parte da Asociación de Creadores de Moda de España (ACME).

Na actualidade, a deseñadora presenta  as súas coleccións na pasarela Mercedes-Benz Fashion Week Madrid, onde comeza a desfilar en febreiro de 2009.