José Manuel López Iglesias


Categoría: Enxeñeiro
Data de Nacemento: 19 de outubro de 1956
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estudios:
Doutor en Dereito, Universidade de Alcalá de Henares (Madrid, 2007), coa tese: “La contaminación industrial, aspectos administrativos y de fiscalidad medioambiental” con cualificación de Sobresaliente.
Licenciado en Dereito, Universidade Complutense de Madrid (1995).
Enxeñeiro Técnico Industrial, rama de electricidade, especialidade electrónica. Escola Universitaria da Universidade Politécnica de Madrid (1982).
 
CURSOS REALIZADOS:
- Xestión, organización e dirección de empresas ou departamentos:
Multimedia de xestión empresarial por CEPYME.
Dirección de PYMES. Centro de Estudios Financeiros.
Formación do xefe de vendas. Cámara de Comercio de Madrid.
Xestión dos recursos humanos, “Asociación de Jóvenes Empresarios”.
 
- Produción e Medio Ambiente:
Planificación de produción industrial. Instituto Madrileño de Formación, (San Sebastián de los Reyes - Madrid).
Xestión de Riscos Ambientais na empresa. Fundación Entorno.
Xestión da calidade total por CEOE.
Xestión e Enxeñería Medioambiental. Colexio de Enx. Técnicos Industriais.
Curso de Técnico en Vixilancia Ambiental. Universidade de Alcalá.
Lexislación europea para responsables de Medio Ambiente. Fundación Entorno.
Planificación da xestión medioambiental: ISO 14001 EMAS. Consellería de Traballo da Comunidade de Madrid.
Comunicación Medioambiental. Fundación Biodiversidad.
Técnicas estatísticas industriais para a mellora continua da calidade. Control de procesos e deseño de experimentos. Metodoloxía de Taguchi. Universidade Carlos III de Xetafe.
Maquinaria e técnicas de escavación e perforación por Agromán / E.T.S. de Enxeñaría de Minas.
 
- Informática, electricidade, automática e comunicacións:
Curso de Autocad V.13 en Mafrem-Madrid.
Informática de xestión por CEOE Madrid.
Robótica Industrial. Sección de posgrao da Universidade de Alcalá.
Linguaxes de descrición de hardware: VHDL. Universidade de Alcalá.
Centrais telefónicas, modelos Hicom 100/100E, Siemens. Tres Cantos (Madrid).
Conectadores para cables coaxiais e fibra óptica por Amphenol (Reino Unido).
Teoría e práctica de electricidade básica por MOELCO.
Curso de instalacións eléctricas en baixa tensión para locais de pública concorrencia. Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Madrid.
Aparellaxe eléctrico por Siemens/E.T.S. de Enxeñeiros Industriais, U.P.M. de Madrid.
Control electrónico de velocidade de motores de C.A. con microprocesador, U. Carlos III de Leganés.
 
- Cursos Xurídicos:
Xestión económico-fiscal por CEOE.
Procedementos tributarios, o Contencioso-Administrativo en materia tributaria. Colexio de Avogados de Madrid.
Práctica forense en materia Contencioso-Administrativa. Colexio de Avogados de Madrid.
Iniciación á quenda de oficio e asistencia ao detido. Colexio de Avogados de Madrid.
Marco xurídico da informática. Sección de posgrao da Universidade de Alcalá.
Encontro anual de 1997 sobre informática e dereito en ICADE  Madrid.

 

 Obras realizadas

TRABALLOS:
Consultor para gabinetes de Barcelona en estudios de métodos e tempos e de organización comercial:
IBG (International Business Game, S.A.)
Proconsultor
Clientes: Embutidos Blázquez, Embutidos Simón, Curpesa, distribuidor de bebidas en Medina del Campo (Valladolid), etc...
 

EXPERIENCIA LABORAL
Por conta propia:
-Fundador do grupo de Enxeñería Interconsult.
-Director de Técnicas de Baleiro (Vacuum Technics), empresa dedicada ao sector industrial na aplicación da tecnoloxía do baleiro a toda clase de industrias.
-Xerente de IVS Ambiental, bufete xurídico dedicado especialmente á defensa dos dereitos dos pacientes afectados por neglixencias ou impericias médicas en vías contencioso-administrativa, civil, penal e laboral.
- Durante un ano foi xefe de compras en Madrid de empresa instaladora de voz e datos, comprando material eléctrico e de telecomunicacións para as obras que realiza a empresa no ámbito de toda a península.
Funcións: Un ano na actividade de compra de material para obras, organización do almacén de apoio, recollida e aplicación de material sobrante, xestión da loxística da oficina en transporte, control dos medios de traballo dos equipos operativos do exterior. Negociación con provedores, transcrición de pedidos dos xefes de obra e dos encargados, visado de facturas, albará e pedidos, coordinación cos xefes de obra, técnicas de proxecto e responsable de calidade e medio ambiente. Tipo de provedores: Almacenistas eléctricos e subcontratistas da Comunidade de Madrid. Tipo de clientes da empresa: Corporacións de distribución ou con rede de oficinas e/ou plantas de produción sitas ao longo do territorio peninsular. Dependencia directa da Dirección Xeral.
Responsable de zona como técnico-comercial en Toledo de almacén eléctrico vendendo produtos eléctricos e electrónicos, fabricados polo Grupo Schneider Electric e outras marcas electro-electrónicas.
Tempo de traballo na empresa: Dous anos e medio. Funcións: Ventas en zona asignada, compra de material eléctrico específico para clientes. Ultimamente creación de infraestrutura de fabricación de cadros eléctricos para diversos sectores de produción, supervisión de execución dos traballos. Material: 70 %: Grupo Schneider Electric, 30 %: de outras marcas, Omron, Siemens, tamén iluminación, cable convencional e especial, motores de alterna/continua, e electrónica. Tipo de clientes: grandes e pequenas fábricas da zona sur de Madrid, zona norte de Toledo (Estrada de Seseña) e algún pequeno almacén eléctrico de Madrid.
Delegado na zona centro de España de empresa alemá fabricante de bombas de bacío con sede en Barcelona.
A empresa comercializa os produtos orientados a técnicas de bacío para os sectores industriais, e tamén apoia a enxeñaría de proceso na que van insertas as bombas de bacío, sistemas completos con cadros de arranque e funcionamento, cumprindo normas sectoriais... Dar a coñecer os produtos da empresa adaptándoos a cada cliente. Representación da empresa como delegado na área de responsabilidade.
Apoio técnico inmediato á carteira de clientes de Madrid e zona centro. Dependencia do director en España con sede en Barcelona. Dous contratos de seis meses e un indefinido. Estancia na empresa: Seis anos, desde o 20 de maio de 1998 ata o 20 de maio de 2004.
Director comercial en Madrid dunha empresa creadora de equipos de electrónica e informática industrial para control de accesos e de presenza.
Pequena empresa española dedicada á enxeñaría de programación en Visual Basic e montaxe de equipos electrónicos con microprocesadores para aplicacións en control de accesos, medición de niveles e multitude de opcións en adaptación a requirimentos do cliente, pago electrónico con tarjeta-chip... Funcións: Compras de materiais e compoñentes electrónicos. Planificación de mercados, marketing. Dirección e organización comercial. Coordinación de montadores, dirección de obra. Relación directa co departamento financeiro e de xestión económica da empresa. Contrato de traballo de carácter indefinido. Dependencia directa dos dous socios. Desde o 4 de xaneiro de 1998 ata o 23 de xuño de 1998.
Xestor de ofertas nunha empresa de mantemento de edificios singulares.
Compañía española dedicada ao mantemento de edificios e realización de obras, con delegacións en toda España, clientes entre grandes corporacións financeiras, inmobiliarias, compañías de restauración e informáticas. Funcións: Mando sobre 85 persoas como director xeral en funcións. Peche ordenado da empresa durante os meses de novembro e decembro de 1997. Dependencia directa do consello de administración do grupo empresarial. Contrato de carácter temporal a través de Manpower, E.T.T. Desde o 2 de xaneiro de 1997 ata o 30 de setembro de 1997 traballou como consultor independente en labores de organización de empresas, realización de cursos...
Técnico-comercial de sistemas de alimentación ininterrompida para contas informáticas, comunicacións e laboratorios.
Fabricante español de sistemas de alimentación ininterrompida e estabilizadores de tensión para almacenistas de equipos eléctricos, empresas de mantemento de edificios, distribuidores… Funcións: Xestionar e conseguir contratos e vendas para a sociedade. Establecer relacións comerciais con entidades privadas. Preparar informes sobre a situación do mercado, propoñer novos campos de actuación, crear manuais. Colaborar na preparación de ofertas e a súa persecución. Visitas á rede de distribución. Dous contratos de seis meses, desde o 1 de xaneiro de 1996 ata o 30 de decembro de 1996. Dependencia directa da Dirección Comercial.
 
 
Xestor de ofertas de contratos de mantemento inmobiliario co Estado.
Compañía española dedicada ao mantemento de edificios singulares da cidade de Madrid. Funcións: conseguir mellorar o servizo ao cliente, adecuación das ofertas de licitación pública de mantemento anual, captación de clientes de entre os edificios públicos, seguimento da actividade comercial da empresa, planificación por obxectivos, elaboración do orzamento do departamento, organización e elección do mercado… Funcións de director comercial dunha empresa de 30 persoas. Contrato de traballo de seis meses, ata fin de tarefas, desde o 3 de outubro de 1994 ata o 30 de marzo de 1995. Dependencia directa da dirección xeral.
 
Técnico-comercial de servizos de mantemento industrial.
Pequena enxeñaría española. Labor de mantemento de industrias relacionadas co sector da enerxía e fabricación de equipamento eléctrico. Funcións relacionadas coa atención aos clientes e a orientación da empresa cara a novos mercados. En canto a servizos, estes centrábanse en calibracións en masa, presión e temperatura como apoio ao control de calidade e creación de manuais de calidade en normas ISO para as industrias manufactureiras e explotacións enerxéticas. Contrato dun ano. Desde o 1 de outubro de 1993 ata o 2 de outubro de 1994. Dependencia directa do presidente.
 
Director comercial dunha empresa auxiliar da construción.
Compañía española distribuidora de produtos industriais de aceiro para a construción, grandes superficies, ferraxarías industriais e empresas de mantemento. Produtos importados desde a compañía Bekaert (Bélxica), sendo a responsabilidade empresarial sobre a zona centro de España. Funcións: Mando sobre varios axentes comerciais e persoal de oficina. Realización de obras auxiliares de cerramentos na periferia de Madrid, proxectos con empresas construtoras: Cubiertas, Ferrovial... Relación con provedores en francés. Colaboración de carácter indefinido. Permanencia na empresa tres anos aproximadamente, desde o 1 de abril de 1991 ata o 30 de setembro de 1993. Dependencia directa do consello de administración da sociedade.
 
Adxunto ao director comercial na parcela de marketing dunha empresa auxiliar da construción.
Compañía española da imaxe corporativa, pertencente ao sector da construción a través de Ginés Navarro Construcciones. A súa base de clientes encontrábase entre as compañías petrolíferas e filiais de empresas multinacionais para quen deseñaba logotipos e creacións construtivas. Funcións: De dirección de marketing, relación entre as fábricas, os clientes e a execución das obras novas e de mantemento. Contrato por seis meses, desde o 30 de outubro de 1.990 ata o 30 de marzo de 1991. Dependencia directa da dirección comercial.
 
Xefe de ventas de produtos informáticos obtidos do departamento de I + D.
Compañía hispano-francesa dedicada á importación e distribución de produtos dedicados ao arquivo documental e á investigación en novas tecnoloxías relacionadas co disco óptico e o software a medida correspondente. Mantemento, aluguer de equipos e venda de periféricos do entorno do arquivo en microfilme e óptico. Venta a través de distribuidores e usuarios finais. Funcións: Mando sobre 12 persoas. Aproveitamento e cualificación da carteira de clientes en distribución informática. Introdución de tecnoloxías innovadoras na rede de clientes partindo de relacións con empresas norteamericanas fabricantes de programas e equipos para o arquivo en tecnoloxía óptica. Maxtor, M.D.I. …
Permanencia na empresa: tres anos en relación de asesoría, desde o 1 de xaneiro de 1988 ata o 28 de outubro de 1990. Tradución técnica de manuais desde o inglés. Dependencia directa do director xeral.
 
Técnico-comercial de produtos de telecomunicacións de multinacional española.
Compañía multinacional española das comunicacións, vinculada a Telefónica. Funcións: Responsabilidade sobre a exploración do mercado para a posterior venda de produtos complementarios para este. Control de calidade dos produtos importados e apoio á clientela no relativo á ensinanza de novas tecnoloxías elaboradas polo departamento de I + D da empresa. Contrato por seis meses desde o 6 de xullo de 1987 ata o 30 de decembro de 1987. Dependencia da dirección de ventas nacionais.
 
Técnico-comercial de produtos informáticos de importación desde EE.UU.
Compañía española de informática e comunicacións, importadora de equipos, placas e programas informáticos de EE.UU. Funcións: Política de ventas en atención a clientes, cualificación de distribuidores, tradución de documentación técnica, realización de mailings, visitas periódicas... Tradución técnica de manuais desde o inglés. Contrato indefinido desde o primeiro día. Permanencia na empresa tres anos, desde o 13 de maio de 1984 ata o 5 de xullo de 1987.
 
Técnico comercial de válvulas e actuadores industriais de importación desde Reino Unido.
Compañía británica fabricante en varios países e distribuidora en España de produtos de aliaxe para a industria petroquímica, tendo como clientes a compañías estatais e empresas de mantemento industrial. Funcións: Responsable da venda e a súa planificación, así como da execución dos proxectos nos que figurasen produtos comercializados pola compañía: válvulas, actuadores pneumáticos ou eléctricos así como repostos plásticos e de aliaxes específicas. Tradución técnica de manuais desde o inglés. Contrato por seis meses con renovación, desde o 11 de xuño de 1983 ata o 12 de maio de 1984. Dependencia do director xeral en España.
 
Vendedor de produtos madeireiros fabricados por multinacional en España.
Compañía multinacional española fabricante de taboleiro aglomerado melaminado e madeiras para a industria do moble. Funcións: Venta a través de almacenistas, labor comercial e de xestión. Contrato indefinido. Permanencia na empresa dun ano, desde o 14 de maio de 1982 ata o 10 de xuño de 1983. Dependencia do delegado da zona centro de España.
 
1º emprego como bolseiro, axudante de responsable de consola
Centro de cálculo, dedicado a servizos de empresas. Funcións: Apoio ao responsable da sala de ordenadores. Traballou nas oficinas da Rúa General Perón de Madrid durante uns meses, antes de 1982.

 

 Outros datos de interese

Colexiado en Madrid Nº 10.270 no Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais. Asociado do INITE Nº 1.062 (Instituto Nacional de Enxeñeiros Técnicos de España), Madrid. Membro de FEANI (Federación Europea de Asociacións Nacionais de Enxeñeiros), Bruxelas. Enxeñeiro homologado EUROPEAN ENGINEER Eur-Ing Nº 19324 ES.
Posúe o carné de instalador electricista da Comunidade de Madrid.
Idiomas:
Francés, estudos realizados durante 9 anos: en bacharelato, COU. e carreira de enxeñaría técnica.
Inglés, na Escola Oficial de Idiomas (6 módulos aprobados) e ademais práctica de tradución técnica documental nas distintas actividades nas que traballou.
Portugués, a nivel nativo.