Antonio Fernando Souto Cortizo


Categoría: Escultor
Data de Nacemento: En 1959
Lugar de Nacemento: Ourense

   Cultura
 Currículum

Arquitecto, por formación académica, chega á Escultura atraído polos misterios do espazo e a necesidade de tocar a materia coas mans. A súa obra desenvólvese no ferro e aceiro inoxidable, a partires dunha pel ou cáscara. Segundo palabras do poeta J.A. Valente "el vacío de todo lo creado envolvente, materno, como inmensa morada". No proceso de apertura da cáscara aparecen as fendas, a fragmentación, o movemento e o tempo. O baleiro expándese e a luz introdúcese entre os fragmentos, formándose un todo continuo de pel rota e baleiro. A escultura é un momento desta expansión. Afortunadamente, as cousas non sempre son o que parecen, pero case sempre acaban semellándose ó que son.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS

2012. Exposición individual no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense e “Arte no Morrazo”, Cangas.

2011. Exposición individual en Galería Volter (Ourense)

2010. Casa da Cultura de Altura (Castelló)

2009. Círculo de Bellas Artes (Madrid) e Casa da Cultura de Membrilla (Ciudad Real)

2008. Esculmetal 08 (Madrid) e Fundación Igualdad (Cáceres)

2005. Exposición individual en Galería Visol (Ourense)

2004. II Concurso de Artes Plásticas Conxemar (Vigo)

2003. Exposición permanente no Parque Escultórico Rincón de Ademuz (Valencia) e VI Bienal Internacional "Pintor Laxeiro", Lalín (Pontevedra).

2002. Casa da Cultura de Burela (Lugo) e Casa da Cultura da Guarda (Pontevedra)

2001. Ateneo Ferrolano (Ferrol), Fundación "Díaz Caneja" (Palencia), XXXVII Exposición de Pintura e Escultura de Pozoblanco (Córdoba), Casa da Cultura de Majadahonda (Madrid), Casa da Cultura de Burela (Lugo) e Casa da Cultura de Cangas do Morrazo (Pontevedra)

2000. Mostra Colectiva de Arte "Casa da Cultura de Muíños" (Ourense), Fundación "Díaz Caneja" (Palencia), Casa da Cultura de Majadahonda (Madrid), Casa da Cultura de Altura (Castellón), Casa da Cultura de Burela (Lugo), Casa da Cultura de Vilanova de Arousa (Pontevedra) e Fundación AYCOM- PYMES (Vigo)

1999. 2 escultores/ 2 pintores. Mesón "O Queixo" (Ourense).

 

OBRA EN:

Deputación de Ourense.

Concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Fundación Aycom (Vigo)

Concello de A Guarda (Pontevedra)

Concello de Cangas (Pontevedra)

Concello de Burela (Lugo)

Parque escultórico Rincón de Ademuz Casa Bajas (Valencia)

CENIM (Madrid)

Fundación Igualdad (Cáceres).

 Outros datos de interese

PREMIOS

2011. 2º Premio no XVI Certame de Arte Galería Burela (Burela)

2008. Premio Especial Materiais Tubulares no V concurso de Escultura metálica Esculmetal 08 (Madrid)

2003. Premio “Manzana de Plata” na II Bienal Internacional “Rincón de Ademuz” (Valencia)

2002. 1º Premio no I Certame de Escultura da Guarda (A Guarda) e 3º Premio no VII Certame de Arte Galería Burela (Burela)

2001. 1º Premio no VI Certame de Arte Galería Burela (Burela) e 1º Premio Ilmo. Concello de Cangas de Escultura no VI Certame Ilmo. Concello de Cangas (Cangas)

2000. 1º Premio no IV Certame de Escultura do Salnés (Vilanova de Arousa), 1º Premio no II Premio Aycom Pymes de Escultura (Vigo) e 2º Premio no V Certame de Arte Galería Burela (Burela).