Marcos Parga Prado


Categoría: Arquitecto
Data de Nacemento: 1971
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Realiza a carreira de Arquitectura na Escola Superior de Arquitectura de Madrid, entre 1989 e 1995, para proseguir cos cursos de Doutoramento que finaliza en 1999. Ó mesmo tempo trasládase periodicamente como profesor asociado a distintas Universidades Iberoamericanas nos anos 1995-96 e 98. En xullo de 1993 concédenlle unha bolsa para tomar parte no Taller Internacional de Arquitectura en Canet de Mar (Barcelona). En outubro de 1995 comeza a traballar co arquitecto Alberto Martínez Castillo (Madrid) obtendo en setembro de 1996 o "Primer premio del concurso internacional de reforma y ampliación del Museo del Prado de Madrid". En novembro consegue o Primeiro Premio no concurso para a construcción do Parque de Lavapiés, en Madrid, entre outros. En xaneiro de 1997 pasa a formar parte do estudio do arquitecto Federico Echevarría (Madrid) para desenvolve-los concursos para a sede de BUPA Sanitas no Campo das Nacións (Madrid) e para un edificio administrativo de IBERIA en Barajas (Madrid). En xuño de 1997 comeza a traballar en Imagina&Asociados (Madrid), único estudio en España pertencente á rede europea de estudios de arquitectura Auket & Asociates (presente nas principais cidades europeas) como responsable da sección de proxectos para concursos de arquitectura. En abril de 1998 abre estudio propio en Madrid.

 Obras realizadas

Proxecto para a construcción da Central Hidroeléctrica no Río Cierves. Ribadavia (Ourense).
Proxecto dun bloque de 70 vivendas en Xirivella (Valencia).
Proxecto de 190 vivendas unifamiliares en Mazarrón-Murcia.
Proxecto para a construcción do Centro Cultural de Guntín (Lugo).
3º Premio: Concurso para a Casa da Cultura de Monzón.
1º Premio: Concurso de Rehabilitación e Obra Nova do Cuartel de S.Fernando para a construcción do auditorio e Centro Cultural da Cidade de Lugo.
Proxecto para a construcción da sede da Delegación Provincial do Ministerio de Defensa en Lugo, actuación integrada no proceso de adecuación do Cuartel de San Fernando para albergar o Auditorio.
Proxecto de Reforma do Parador Nacional de Aiguablava e rehabilitación da Casa da Praia de dito Parador (Gerona).

PREMIOS:
1º Premio: Concurso do Polideportivo da Praza de Numancia, en Santander.
Construcción de varias vivendas unifamiliares en Madrid e Galicia.
Accésit: Concurso Internacional de ideas para o Recinto Feiral e Palacio de Congresos de Palma de Mallorca.
2º Premio: Concurso de ideas para a Biblioteca Central do Campus Universitario de Ourense, dependente da Universidade de Vigo.
1º Premio: (Febreiro-2001) Concurso de ideas para o proxecto do Complexo Deportivo de "A Marosa" en Burela (Lugo), que comprende un Pabellón Polideportivo con aforo para 1500 persoas, Piscina climatizada, outra Piscina con auga de mar e varias pistas deportivas exteriores, nunha superficie de 30000 metros cadrados.
Premio da 9ª Mostra de Arquitectos Novos Españois, da Fundación Antonio Camuñas, por unha casa en Arnela, Foz (Xullo de 2006).
2008. Terceiro premio de ideas convocado para o edificio de acceso ó Campus da Xustiza en Madrid.

 Outros datos de interese

CONFERENCIAS:
1995. "El viaje de la arquitectura" no CMU Antonio de Nebrija Madrid, nas "I Jornadas en torno a la Arquitectura".
1997: "La Arquitectura como lenguaje" no Seminario Internacional da Universidade Complutense de Madrid, baixo o título "Aportaciones a la biología del lenguaje".

OUTROS: 1993. Viaxe: Siria e Jordania para o estudio das cidades de Palmyra e Petra.
1994. Viaxe: Finlandia, Rusia e Dinamarca, para estudio da obra de Alvar Alto e Gunar Asplund.
1994. Viaxe: Francia. Estudio da obra de Le Corbusier e Jean Nouvel.
1995. Viaxe: EEUU. Estudio da obra de F. Lloyd Wright, L.l.Kahn, Van der Rohe, Le Corbusier e Escola de Chicago.
1996. Viaxe: India e Bangladesh, estudio da obra de LeCorbusier e Louis I. Kahn.