Tras estudiar o Bacharelato, cursou estudios de Ciencias Políticas. Polo que respecta á súa carreira política, foi concelleira responsable da área de Cultura, Ensino e Deporte ata 1994 no Concello de Camariñas, promotora e primeira responsable do programa de recuperación artesanal do encaixe de boliños promovido polo Concello de Camariñas. Foi Secretaria de Políticas Migratorias da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE e membro do Comité Nacional Galego. Foi deputada na quinta e sexta lexislatura: voceirada Área de Emigración.