Carmen Muñoz Manzano


Categoría: Profesora
Data de Nacemento: En 1906 (†13 de abril de 2002)
Lugar de Nacemento: Malpartida de Plasencia (Cáceres)
 Currículum

Nacida no seo dunha familia acomodada, estudiou en Salamanca e sacou a carreira de Maxisterio en Madrid. En 1933 opositou para ingresar na Inspección de Primeira Ensinanza e conseguiu praza na provincia de Lugo. Despois trasladouse a Cáceres. Coñeceu a Rafael Dieste en Valencia de Alcántara e casaron en Santander en 1934. Cando se iniciou a Guerra Civil estaba co seu marido en Madrid defendendo a Segunda República en labores pedagóxicas e publicacións culturais. En 1938, o seu marido incorporouse ó Exército do Este e un ano máis tarde saíron de España. Foron internados no campo de concentración de Saint Cyprien e tras pasar máis de vinte anos no exilio vivindo en Arxentina, México e Inglaterra, regresaron definitivamente a Galicia en 1961. Xubilouse en 1976. Trala morte de Rafael en 1981, Carmen dedicouse a recoller e perpetua-lo seu valioso legado literario e artístico. En 1995, foi nomeada filla adoptiva de Rianxo, onde lle renderon unha calorosa homenaxe.