Sara Garrote Gil


Pseudónimo:Chuca
Categoría: Pintora
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

FORMACIÓN ARTÍSTICA
Especialidade en debuxo e pintura durante os seus estudos.
Os seus primeiros pasos foron de co pintor xa falecido “Mikey” moi querido na cidade ferrolá, anos máis tarde acude ó taller do polaco Gregory.
Pasou polo estudio da Srta. Golpe (Begoña Marmoller) onde adquire coñecementos de técnicas como pastel e ceras. No taller de Paco Huertas iníciase na técnica do óleo.
Foi alumna do inesquecible Ricardo Segura Torrella co que perfeccionou o debuxo, especialmente o retrato.
Viviu en distintas cidades como Barcelona ou Coruña, onde coñeceu outros talleres e técnicas como o puntillismo con Javier M., óleo e técnicas mixtas no estudio de P. Bueno e no taller de L.Vidal, pastel, acrílico e outras técnicas.
Traballou a acuarela co artista ferrolán José González Collado.

CURSOS: Cursos superiores na Escola de Enxeñeiros Técnicos Navais de Ferrol, déronlle coñecementos en debuxo lineal.
Curso do IV ciclo no Museo de Belas Artes da Coruña “Aprender a ver… a arte contemporánea II”.
Curso de Gravado, impartido polo artista Ricardo R.

 Obras realizadas

ACTIVIDADE ANOS 2006-2007
2006. Exposición colectiva Edificio Biblioteca González Garcés (A Coruña).
2006. IX Maratón Debuxo e Pintura “Julio Argüelles”.
2006. Exposición colectiva no Concello de Culleredo (A Coruña).
2006. Concurso Internacional Bienal “Balconadas” Betanzos (A Coruña).
2006. Exposición no Concello de Betanzos (A Coruña).
Exposición Individual en Extremeño en Sada (A Coruña).
I Certame de Pintura Rápida en explotacións mineiras de Galicia (Endesa).
XI Certame de Pintura “Casa Castilla - La Mancha”.
IV Certame de Pintura “Club Naval de Oficiales”.
2007. Exposición colectiva “O Gaiteiro na arte”. Toxos e Froles Ferrol (A Coruña).
2007. Exposición colectiva “Salón de Primavera: A Muller na pintura” Casino Ferrolán. Ferrol (A Coruña).
2007. Certame - Exposición “A Gastronomía e a Pintura” Otur, Luarca (Asturias)
2007. Exposición Colectiva no Palesco (A Coruña).
2007. II Exposición Internacional Pequeno Formato “A. de Córdoba”.
2007. V Certame Internacional de Artes Plásticas “A. de Córdoba”.
2007. II Certame de pintura rápida en explotacións mineiras de Galicia San Finx. Lousame.
2007. X Maratón de Debuxo e Pintura. Culleredo (A Coruña).
2007. Exposición colectiva no Concello de Culleredo (A Coruña).
2007. Exposición colectiva “Intramuros” organizada por ANOTARTE. Convento do Carme, Padrón (A Coruña).
2007. Exposición colectiva patrocinada polo Centro Internacional de Arte (CIALEC) en Galería IMP. ART. Barcelona.
2007. Certame II Premio de Pintura “Toxos e Froles”. Ferrol.
2007. Exposición Colectiva na Sala da Asociación “Toxos e Froles”. Ferrol
2007. Salão Internacional, Academia Nacional de Artes Plásticas. Brasil.
2007. I Concurso de pintura Manuel Rebón “Lito” C.I.R.S. CERVAS.
2007. Exposición Colectiva en CIRS.
2007. Exposición Colectiva no Concello de Elciego (Álava).
2007. Certame de Carteis Concello de Curtis pola “Non violencia contra as mulleres”.
2007. Certame de Carteis Concello de Poio pola “Non violencia contra as mulleres”.
2007. XXIV Certame de pintura Concello de Cambre.

 Outros datos de interese

INCLUSIÓN EN LIBROS
2007. “Libro de Poetas, Poesía Visual” colaboración con artistas CIALEC (carbón e texto).
2007. Incluída con catro obras e curriculum na IV Edición Libro Creadores, Concello de Córdoba e Sala Aires de Córdoba.
Incluída en revista de actividade poética con debuxos para ilustración de poemas. Revista “Poesía-Galicia”.

PREMIOS: 2006. 2º Premio no “IX Maratón de Debuxo e Pintura Xulio Argüelles”. Tema Río Tabre e Ría do Burgo, Culleredo (A Coruña).
2006. Seleccionada en “Balconadas de Betanzos”. Quedando segunda na votación popular. Obra titulada “Reflexión”.
2006. Obra en catálogo “I Certame de pintura rápida explotacións mineiras Galicia.
2007. Seleccionada no IV Certame de pintura Clube Naval de Oficiais - Ferrol o mar, as súas xentes, mitoloxía.
2007. 1º Premio no XI Certame de Pintura “Casa Castilla - La Mancha” coa obra “Castela tamén é verde” Cuervo (Cuenca).
2007. Accésit no II Certame de pintura rápida en explotacións mineiras de Galicia, San Finx, Lousame...
2007. 2º premio no I Concurso de Pintura Manuel Rebón “Lito” CIRS, Cervás.
Seleccionada no Certame “II Premio de Pintura Toxos e Froles”.

OBRA EN: Coleccións privadas, Concello de Culleredo (A Coruña), Extremeño, Sada (A Coruña). Casa Castilla - La Mancha, Casa da Cultura de Elciego e Toluca (México).
Obra adquirida en CIRS (Cervás) que por decisión unánime da Directiva do CIRS, foi entregada o día 1.09.07 á viúva do pintor falecido, como homenaxe e causa do “I Concurso de pintura D. Manuel Rebón (Lito)”.

PUBLICACIÓNS
2006. Mención no xornal Ferrol Diario.
2007. Revista semestral número 5, “Barataria” de carácter cultural e informativa da Casa Rexional Castilla - La Mancha.
2007. La Voz de Galicia Barbanza, na columna “San Finx abre veta artística”. Sara Ares.
2007. Publicacións en Córdoba co gallo do libro Creadores 2007.
2007. Revista Comarcal “Ferrol hoy” número 4. Exposición “Salón primavera: a muller na pintura”.
2007. Artigo: Crítica sobre a obra da autora, publicado na Revista Chilena Escáner, columna Arte Mundial, polo crítico independente de arte D. Francisco Arroyo Cevallos.
Publicacións co gallo da exposición Pequeno Formato e Libro de Poetas. Córdoba.
2007. Diario de Ferrol, La Voz de Galicia e Páxina de Artistas na SAF co gallo do 2º premio Cervás.