Foi presidente do comité de empresa do BBV pola CIG.
Formou parte do Grupo Municipal do BNG do Concello de Lugo desde as eleccións de 1995, en que foi elixido concelleiro.
Na lexislatura 1999-2003 ocupouse da Delegación de Medio Ambiente, sendo tamén tenente-alcalde da corporación de Lugo.
Foi membro do consello comarcal do BNG de Lugo e elixido concelleiro polo mesmo partido na candidatura de 2003.
Afeccións: fotografía, música, deporte (xogaba ó baloncesto e era socio do Breogán).