Gerardo González Martín


Categoría: Xornalista e escritor
Data de Nacemento: 1 de febreiro de 1942
Lugar de Nacemento: Ávila
 Currículum

É titulado en Xornalismo (1962), Graduado Social (1971) e programador de Radio e Televisión. Empezou a traballar como redactor de El Faro de Vigo en 1962. Desde entón ocupou os seguintes cargos: Director de El Correo Gallego de Santiago; redactor xefe de Radio Popular de Vigo, emisora que, convertida en COPE, dirixiría en dúas ocasións, á vez que se responsabilizaba do Circuíto Galego desta cadea; director de Televisión de Galicia; responsable das emisoras de Antena 3 de Vigo e Pontevedra, director de Programación e Emisións en Madrid da mesma cadea radiofónica e xefe de Informativos primeiro e director despois de Televigo, Televisión Local. Colaborou en innumerables xornais e revistas. En 1976 foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo e tesoureiro da Federación Nacional de Asociacións da Prensa de España.

 Obras realizadas

É autor dun libro de contos El Luciérnaga e de 6 libros da historia local viguesa, entre eles Vigo no espello dos nosos avós (Xerais, Vigo, 1991) e Gallegos al volante. 1900-1930 (Instituto de Estudios Vigueses, Vigo, 1995), (premio nacional da Fundación RACE). Ademais, é coautor de tres libros máis sobre a historia de Vigo e participou nun ou noutro grao en numerosas obras colectivas. Firmou case un milleiro de artigos de investigación sobre a historia viguesa, en prensa e radio.

 Outros datos de interese

É membro fundador do Instituto de Estudios Vigueses e en 1999 foi nomeado "Vigués Distinguido" polo Concello de Vigo. Foi delegado provincial do Ministerio de Cultura en Pontevedra (1979-81), ó tempo que exercía como secretario provincial de UCD. Na primeira lexislatura do Parlamento de Galicia foi secretario do Grupo Centrista e membro da Deputación Permanente. Actualmente é asesor do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Vigo.