Manuela Antonia Barreiro Pico


Categoría: Farmacéutica
Data de Nacemento: 5 de xullo de 1887 ( † 29 de xaneiro de 1953)
Lugar de Nacemento: Viveiro (Lugo)
 Currículum

Ainda que naceu en Viveiro, a súa vida transcorreu no Concello de Ribadeo, onde o seu pai era mestre. Estudou ensinanza primaria na escola de nenas de dita cidade e preparou o Bacharelato no colexio de S. Luis.

Esta ribadense foi a primeira muller en acadar o título de Bacharelato no instituto de Lugo, en 1896; a primeira muller matriculada na Universidade de Santiago de Compostela, en 1896; e a primeira licenciada en Farmacia en Galicia e sétima de España, no ano 1900.

Para realizar os estudos universitarios tivo que solicitar numerosos permisos mentres que os homes o podían facer sen ningún tipo de problema. Abriu a súa farmacia en Ribadeo no ano 1901, co nome Farmacia Moderna, sendo noticia en numerosos diarios de prensa galegos. Traspasaría a súa farmacia en 1931, despois de 30 anos de profesión. Morreu en Madrid o 29 de xaneiro de 1953.