Ángel José María Padín - Panizo


Pseudónimo:José María Abalo
Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 11 de Novembro de 1930 († 2 de Abril de 2014)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense iniciou as súas actividades periodísticas en "La Voz de Galicia", pasando en 1958 ó "Ideal Gallego" como delegado en Santiago e Ferrol.

En 1966 ingresou como redactor no diario ABC de Madrid.

En 1967 pasou a ser redactor xefe do vespertino de Vitoria "Norte Express".

En 1968 retornou á Coruña, ó diario "La Voz de Galicia" como redactor de xefe cargo no que permaneceu ata 1985 no que pasou a dirixir "El Ideal Gallego" ata abril de 1988.

En 1990 foi nomeado por José Luis Meilán Gil, xefe de prensa da Universidade da Coruña.

 Obras realizadas

Escribiu:

Los cinco años coruñeses de Pablo Ruiz Picasso (editado pola Deputación da Coruña).

A reedificación do templo de San Andrés y el gremio de mareantes de La Coruña (editado pola Fundación Barrié).

Crunia, puerto de Peregrinaciones.

La historia de la Coruña en las tallas del Salón capitular del Palacio Municipal (editado por Arena).

La Coruña a través de sus barrios y sus calles (editado por Vía Láctea).

De lucia Cascos, calvatruenos y perforantes de la M.H. y M.L. de La Coruña.

El Picasso coruñés (editado por Nova Galicia).

 Outros datos de interese

Foi Presidente da Asociación "Pablo Ruíz Picasso" da Coruña.

Foi Membro directivo do Rotary Club coruñés.

Académico correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes do Instituto "José Cornide" de Estudios Coruñeses.

Foille outorgada en 1999 a Medalla de Galicia na súa categoría de bronce.