Emigrou a Bos Aires cando tiña dezasete anos. En 1938 fundou a compañía profesional Aires da Terra, que posteriormente pasou a chamarse Compañía Galega Maruxa Villanueva, cantante e actriz que tamén emigrou a Bos Aires e coa que casou.
Entre as súas obras máis importantes destacan Se o sei non volvo á casa que foi representada no Teatro Maravillas con gran éxito, Pola nosa culpa (representada no Teatro Mayo), A xustiza dun muiñeiro, Taberna sen dono, etc.
Castelao asistiu a algunha representación e propúxolle a montaxe da súa obra Os vellos non deben namorarse, que se estreou o 14 de agosto de 1941.