Profesor técnico de Formación Profesional - Educador con destino definitivo no IES "Universidade Laboral" de Toledo, centro no que desempeñou o seu labor docente entre 1977 e 1996 e onde foi director entre 1989 e 1996.
Foi tamén profesor no IES "Universidade Laboral" de Eibar (Guipúzcoa) dende 1971 a 1977.
No IES "Montes de Toledo" de Gálvez (Toledo) foi director en Comisión de Servizos para a posta en funcionamento do Centro dende 1996 a 1998.
Xefe de servizo de Coordinación da Área de Programas e Servizos Educativos na Consellaría de Educación e Cultura de Toledo dende decembro de 1999 a novembro de 2002.
Delegado Provincial de Educación e Cultura de Toledo dende novembro de 2002 ata xullo de 2007.
Dende xuño de 2007 é vicealcalde de Toledo e concelleiro responsábel da Área de Goberno de Educación, Cultura, Festexos, Xuventude e Deportes, elixido no nº 3 da candidatura do PSOE nas eleccións municipais do 27 de maio.
Publicacións: Vésperas dunha gran ilusión (Retrincos de Vilalba e dos vilalbeses, VVAA, Instituto de Estudios Chairegos, Vilalba 2005).