Licenciado en Matemáticas e doutor en Belas Artes, é profesor de Fotografía na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e responsable do Grupo de Investigacións Fotográficas da Universidade de Vigo. Con Xosé Luis Suárez Canal dirixe o Centro de Estudos Fotográficos (http://www.cefvigo.com) e ambos son comisarios dun gran número de exposicións e editores das coleccións Álbum e Do Trinque.
Realiza exposicións individuais dende o ano 1983 en Vigo (Museo do Mar, Ad Hoc, Fundación Barrié), A Coruña (Kiosco Alfonso, Fundación Barrié, Aquarium), Santiago (Pazo de Fonseca, Museo do Pobo Galego, Casa da Parra, C5, A Chocolatería), Braga (Encontros Internacionais da Imagen e Museo da Imagem), Coímbra (Centro de Estudos da Fotografía), Porto (Espaço Silo, organizada polo Centro Potuguês de Fotografía), Newcastle (Side Gallery), Caracas (Museo de Arte Contemporáneo Sofía Imber), México D.F. (Museo Ciudad de México), Salvador de Baia (Conjunto Cultural da Caixa)…
A súa obra foi incluída en exposicións como ‘Cuatro direcciones de la fotografiía contemporánea española’ (Centro de Arte Reina Sofía, Madrid, itinerante por Europa), Open Spain (The Museum of Contemporary Photography, Chicago, itinerante por Europa e USA), Quest for the Moon (The Museum of Fine Arts, Huston), Global Detail (Noorderlicht, Groningen, Holanda), ‘Dende o Atlántico’ (Centre de la Photographie, Xenebra, Suíza), ‘Ausencias e memoria’ (Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela), ‘O futuro contemporáneo e Mapas, cosmogonías e puntos de referencia’ (CGAC, Santiago de Compostela) e ‘A balea negra’ (MARCO, Vigo). Estivo presente en feiras de arte como Liste Köln (Colonia), Berliner Liste (Berlín), Bridge Art Fair (Nova York), Sh Contemporary (Shanghai) e ARCO (Madrid)
É autor dos libros “Paisaxes” (1991), “Tempos que hai neste tempo” (1995), “Cuspindo a Barlovento” (2003), “Casas doentes” (2006) e “Derradeira sesión” (2009).
Está presente nas coleccións do Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), Encontros da Imagen (Braga, Portugal), Museo Marugame Iría (Xapón), Colección Fotográfica Comunidad de Madrid, Centro de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela).
Publica “Imaxes na penumbra. A fotografía afeccionada en Galicia, 1950-65” e con X.L Suárez Canal é autor das monografías de fotógrafos históricos galegos: “Virxilio Viéitez”; “José Suárez”; “Ksado”; “Ramón Caamaño”; “Raniero Fernández”; “Luis Rueda”; “Arquivo J.M. Massó”; “Retratos da Costa da Morte. Ramón Caamaño”; “Arquivo Pacheco" (todos eles na colección Álbum) e “A emigración de M. Ferrol, Pan”. Cada unha destas publicacións foi acompañada dunha exposición monográfica da que foron comisarios. Dirixiron a Fotobienal de Vigo, (1984-2000, http://www.cefvigo.com/galego/expos_bienais_01.htm), o proxecto Vigovisións (1986-2000, http://www.cefvigo.com/galego/vv_principal.htm) a Sala dos Peiraos (1985-1991,) foron comisarios de exposicións como Madrid Mirada (itinerando na actualidade por Latinoamérica)...
Dirixe o proxecto (http://ineditoant.wordpress.com/ ) é comisario do Proxecto Costa da Morte (http://proxectocostadamorte.wordpress.com/ )