Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Sevilla. No bienio 91-92 realiza estudios de posgrao na Universidade de Salamanca. Desde 1978 exerce como profesora de debuxo no IES "Rosalía de Castro" en Santiago de Compostela. Desde que no ano 1985 realiza as ilustracións para O misterio do lume de Chao Rego, simultanea o labor docente no ensino medio coa ilustración e a pintura sendo ilustradora habitual da revista "Encrucillada" e colaboradora da revista quincenal "Irimia", así como do Boletín Galego de Literatura, entre outros.
Últimas exposicións de pintura:-1993: Pazo de Fonseca "Santiago Senda de Estrelas", Santiago. -1994: "Santiago Senda de Estrelas", Casa de Galicia, Bilbao. -1996: Xunta de Galicia, Casa de Galicia, Madrid. -1997: Casitas da Compañía, Monforte de Lemos. -1998: Castelo de Soutomaior - "A alianza coa realidade", Pontevedra. -1998: A Matanza - "Paisaxes da alma", Padrón. -1999: C.O.A.G. - "Onde vagan os nomes e as horas", Santiago de Compostela. -2000: Galería "Grade" - "Dois Pintores Gallegos" - Aveiro, Portugal. -2000: Galería Citania - "Artistas Composteláns", Santiago.
Casada no 1979 co pintor estremeño Pedro Ávila Durán (aviladurán) realizan algúns traballos en colaboración, así a coilustración de Os dedos dos loureiros de X. Rábade Paredes de recente publicación pola Deputación da Coruña.