Estudiou Medicina e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, carreiras nas que nunca exerceu, xa que desde moi novo dedicouse ó xornalismo e á política. Foi redactor xefe do Diario de Santiago cando se produciu o levantamento cantonal de Ferrol en 1972. En 1878 pasou a dirixir El Diario de Santiago, sendo substituída a súa cabeceira pola de Gaceta de Galicia. En 1880 abandonou Galicia para traballar en Madrid. Ó pouco de chegar, entrou na redacción de El Globo e despois pasou á redacción de El Liberal, que dirixiu desde 1907 ata o seu falecemento.
En 1875 comezou a redactar en Santiago o texto de A orillas del Ulla, iniciando a súa publicación ese mesmo año no xornal ourensán El Heraldo Gallego, que dirixía o seu amigo Valentín Lamas Carvajal. Foi autor de obras literarias como: Recuerdos 1868-1873 (Ourense, 1876) e Dioses menores: A orillas del Ulla (Perfiles gallegos) (1875-1881).
En 1910 participou en mitins agrarios en Galicia e chegou a ser candidato republicano-agrario a Cortes por Becerreá (Lugo).