Ángel Basanta


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 24 de marzo de 1950
Lugar de Nacemento: Crecente (Lugo)
 Currículum

Foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela (1973-1976) e é, desde 1976, Catedrático de Literatura do Instituto Rey Pastor de Madrid. Tamén foi profesor de Didáctica da Literatura Española no ICE da Universidade Complutense de Madrid /1971-1981 e 1984). Exerceu a crítica literaria en varios periódicos e revistas. Desde 1987 ata 1998 colaborou semanalmente como crítico de novela no ABC Cultural. Desde 1999 ocúpase da crítica semanal de narrativa no Cultural de El Mundo. Dirixiu a Historia de la Literatura Española da Editorial Cincel (1980-1982, en colaboración con F. Marcos Marín). É autor de varios libros dedicados á historia da novela española e tamén realizou numerosas edicións comentadas de novelas importantes como El Lazarillo, El Quijote, El Buscón, El sombrero de tres picos...

 Obras realizadas

Entre as súas obras destacamos: Cuarenta años de novela española (1939-1979). Estudio y antología, 2 vol. Madrid. Cincel-kapelusz, 1979. La novela de Baroja. El esperpento de Valle-Inclán. Madrid, Cincel, 1980. Manuel. Madrid, Cincel, 1980. Cervantes. Madrid, Cincel, 1981. La novela española de nuestra época. Madrid, Anaya, 1990. Cervantes y la creación de la novela moderna. Madrid, Anaya, 1992. Baroja o la novela en libertad. Madrid, Anaya, 1993.

 Outros datos de interese

-Ángel Basanta é, ademais, autor da edición, estudio preliminar e notas (máis de seis mil) do Quijote ilustrado por José Ramón Sánchez, publicado en dous volumes por Anaya en 1993 e reeditado en 1999 nun so volume. -E no ano 2000 iniciou a dirección da Nova Biblioteca Didáctica Anaya.