Olegario Sotelo Blanco


Categoría: Escritor, editor e empresario
Data de Nacemento: 8 de Setembro de 1945
Lugar de Nacemento: Quintela - Castro Caldelas (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Escritor, editor e empresario. Tras chegar a Barcelona no comezo dos anos sesenta e traballar en múltiples oficios, a súa vida profesional centrouse no sector inmobiliario.

 Obras realizadas

Máis de trinta anos dedicados á promoción inmobiliaria e á construcción de vivendas, sobre todo no barrio barcelonés do Guinardó, fixérono merecedor dun notable prestixio e consideración neste sector. Froito da experiencia acumulada nestes anos, recentemente escribiu e publicou El problema de la vivienda. Paralelamente á súa actividade industrial, Olegario Sotelo Blanco iniciou un importante labor no sector editorial, creando Sotelo Blanco Edicións, empresa que xa supera os 500 títulos en lingua galega, vinte anos despois da súa fundación. Outras iniciativas paralelas dignas de mención son a revista de pensamento crítico "A Trabe de Ouro" e a "Editorial Ronsel", que publica en lingua castelá, con sede en Barcelona. Como autor interesouse sempre pola salvagarda do mundo rural galego (destaca a súa Antropoloxía Cultural da Terra de Caldelas e Os afiadores, unha industria ambulante) así como polos problemas sociais, políticos e psicolóxicos derivados da emigración (lembremos A emigración galega en Cataluña), tema que lle suxeriu tamén unha recente obra narrativa, na que destacan os seus Contos de indianos e a novela El viaje de la vida, actividade que completa cun continuado e profuso labor periodístico.

 Outros datos de interese

-Galardoado co Pedrón de Honra en 1992. -Desde 1999 preside o Centro Galego de Barcelona.