J. Leonardo Lemos Montanet


Data de Nacemento: 31 de maio de 1953
Lugar de Nacemento: Santiago de Barallobre, Fene (A Coruña)
 Currículum

Aos 9 anos trasládase coa súa familia a Ferrol, por destino de seu pai, onde realiza os estudos ata o bacharelato superior. Cursou o COU no Instituto Xelmírez de Santiago de Compostela ao tempo que realizaba o propedéutico no Seminario Maior. Cursará os Estudos Eclesiásticos sendo ordenado Diácono no ano 1978. En setembro dese mesmo ano será nomeado Formador no Seminario Menor da Asunción. Desde ese momento é socio da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz. O 19 de maio de 1979 será ordenado Sacerdote ao servizo da Arquidiocese de Santiago de Compostela polo arcebispo D. Ángel Suquía Goicoechea. Continuou como formador do Seminario Menor, ao tempo que colaboraba as fins de semana na parroquia de Nosa Señora da Mercé de Conxo (Santiago), ata setembro de 1982 no que é enviado a Roma para ampliar estudos. Obterá a licenciatura en Filosofía Teorética pola Pontificia Universidade Gregoriana de Roma e as diplomaturas de Arqueoloxía Sagrada, Arquivística e Biblioteconomía. Máis tarde, obtén o doutorado en Filosofía pola Pontificia Universidade de Santo Tomé de Roma en xuño de 1987, coa tese Lo que llamamos ser humano. Ensayo sobre la antropo-ontología de Ángel Amor Ruibal.

No curso 1985-1986 comezará a súa actividade docente como profesor de Filosofía no Instituto Teolóxico Compostelano e no Seminario Menor da Asunción, ata a actualidade. Entre 1986 e 1988 exercerá de capelán da Residencia Universitaria Cristo Rei en Santiago de Compostela e profesor de relixión no Chester College International School. Dende setembro de 1988 ata xuño de 2001 será Formador no Seminario Maior de Santiago de Compostela, labor que compaxinará como sacerdote adscrito da parroquia de S. Fernando, dende 1987 ata a actualidade. Logo da súa etapa no Seminario Maior é nomeado Director Técnico do Seminario Menor Diocesano no ano 2001, cargo que desempeña nestes momentos.

No Instituto Teolóxico Compostelano, Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca, desempeñará o cargo de Vicedirector dende 2007 ata a actualidade, Director da Biblioteca de Estudos Teolóxicos de Galicia, dende 1993 ata 2007 e Director do Instituto Superior Compostelano de Ciencias Relixiosas dende 2006.

En decembro de 2003 será nomeado polo Arcebispo de Santiago, D. Julián Barrio Barrio, Cóengo da Catedral de Santiago de Compostela, ocupando o oficio de Cóengo-Secretario Capitular da mesma.

O 16 de decembro de 2011 a Santa Se fixo público que a S. S. Benedicto XVI o nomeou novo bispo de Ourense.

 

É membro de:

*Centro de Estudios Históricos de la Iglesia pertencente á Igrexa Nacional de Santiago e Monserrat en Roma.

* Miembro de la Societá Internazionale Tommaso d´Aquino, Roma – Barcelona.

* Miembro del Comité científico de la Fundación “Ad Sanctum Iacobus Peregrinatio”, Santiago de Compostela.

 Obras realizadas

PUBLICACIÓNS

LIBROS:

* Ángel Amor Ruibal. Una reflexión viva acerca del hombre, publicado pola Xunta de Galicia - Consellería de Cultura e Comunicación Social, Santiago de Compostela (1996), 307 páxs.

*“Obra viva” de Ángel Amor Rubial, Consello Superior de Investigacións Científicas, Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, Santiago (2004), pp. 455.

*Fotobiografía del Cardenal Quiroga Palacios, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela (2004), pp. 400.

*La ideologización icónica en los libros de texto (A propósito de los manuales de Educación para la Ciudadanía), Subsidia Compostellana1, Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela (2009)

 

ARTIGOS:

* "Ángel Amor Ruibal. El Hombre", en Anthologica Annua 34 (1987) 307-414.

* "Lo que llamamos ser humano". Ensayo sobre la antropología de Ángel Amor Ruibal, en Compostellanum 33 (1988) 141-185.

* “Grupos, movimientos y asociaciones en la formación sacerdotal”, en Seminarios 42 (1996) 319 - 341.

* “Aproximación a la vida y obra de Ángel Amor Ruibal”, en Estudios Mindonienses 12 (1996) 433 - 467.

* “De la cultura a las culturas. ¡Un reto para el tercer milenio!”, en Compostellanum 41 (1996) 7-29.

* “A un siglo de la fundación de la Universidad Pontificia Compostelana (1897-1997). Un reto para el futuro”, en Compostellanum 42 (1997) 17-53.

* “Europa y el ´primer areópago´ en el mundo de la evangelización”, velatorio presentado no VII Encontro de Universitarios Católicos celebrado en Santiago de Compostela durante o mes de xullo de 1997, en VI e VII Encontros de universitarios católicos europeos, Santiago de Compostela (1998), pp. 135-160.

* “EUGENIO ROMERO POSE. Aproximación bio-bibliográfica, en Compostellanum 43(1998) 5-55. Recolle a miscelánea dedicada polo Instituto Teolóxico Compostelán a Mons. Romero Pose, baixo o título: En camino hacia la gloria, Santiago de Compostela (1999).

* “Desde la Desamortización. El Seminario Mayor y su biblioteca”, en Santiago. San Martín Pinario, Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Santiago (1999), pp. 53-58.

* “Rafael de Vélez como fundador del Seminario”, en Santiago. San Martín Pinario, Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Santiago (1999), pp. 59-62.

* “Cronología del Seminario Mayor” en Santiago. San Martín Pinario, Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Santiago (1999), pp. 513-515.

* “Las Antropologías científicas y la Metafísica del hombre”, en: III Jornadas de Teología, Fe en Dios y Ciencia actual, Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela (2002), pp. 111-124.“La persona a la luz de la encíclica Fides et Ratio”, en: IV Jornadas de Teología, Antropología y fe cristiana, Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela (2003), pp. 139-162.

* “Estudio introductorio. Impresiones de una historia”, en: Manuel Ferro Couselo. Estudios Filosófico-Teológicos, Collectanea Scientífica Compostellana, Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela (2003), pp. 15 - 67.

* “Presupuestos ontognoseológicos de la Metafísica según Ángel Amor Rubial”, en Compostellanum 48 (2003) 11-31.

* “El misterio de la luz en Galicia a través de códices y libros” en Camino de Paz. Mane mobiscum Domine, Ourense (2005), 449-460.

* “Memoria de una vida: Manuel Rey Martínez (1909-1974)” en Compostellanum 50 (2005) 13-82.

* “Cuando el silencio se hace mediodía”, en Enrique Reigosa García, Cuando el silencio se hace melodía, Colectánea Pastoral, 14, publicacións do Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela (2007), pp.17-32.

* “¿Es posible una `meontología´ de la muerte? Aproximación a una respuesta”, en Experiencia et sapientia. Estudios dedicados a la memoria de Ángel Álvarez Gómez, edición a cargo de VAZQUEZ LOBEIRAS, M.J - VÁZQUEZ SÁNCHEZ, Juan - RAÑA DAFONTE, César, Universidade de Santiago de Compostela (2007).

* “Del silencio a la luz”, en Francisco Javier Fernández Places, La música en el Seminario de Santiago, Consorcio de Santiago-Alvarellos Editora, Santiago de Compostela (2009), pp. 5-7.

* “Hominem quaero! (Una nueva aproximación bio-bibliográfica a López Ferreiro en el I Centenario de su muerte)” en Compostellanum 55 (2010) 361-400.

* “Dos artículos de López Ferreiro en el BOE de Santiago” en Compostellanum 55 (2010) 401-434.

 

En prensa:

*Semblanza biobibliográfica del Ilmo. Sr. D. Jesús Precedo Lafuente. Deán Honorario de los Cabildos de Santiago de Compostela y primacial de Braga (Portugal), en Compostellanum (2011)

* “La ideologización icónica en los libros de texto” en Telmus 3 (2011), Revista do Instituto Teolóxico de Tui-Vigo.

* “Ángel Amor Ruibal y el Modernismo”, Revista da Universidade de Milán.

 

RESEÑAS Y NOTAS BIBLIOGRÁFICAS

* J.J. Ayán Calvo, Antropología de San Justino. Exégesis del mártir a Gén. I-III = Collectanea Scientífica Compostellana 4, Santiago de Compostela, 1988, en Compostellanum 33 (1988) 307-309.

* “LUIS QUINTEIRO FIUZA, Repensar la Metafísica. Desde el realismo trascendental de J. I. Alcorta, Instituto Teológico Compostelano = Collectanea Scientífica Compostelana 8, Santiago de Compostela (2002), pp 341-350.

* PÉREZ ASENSI, José Enrique, La estructura de la vida humana en el pensamiento de Julián Marías = Colección Estudios sobre vida cristiana. Seria mayor, nº 1, Ediciones Laborum, Murcia (2009), en Estudios Mindonienses, 27 (2011)

 

Colaborou, participou e asesorou científicamente as exposicións seguintes:

GALICIA TERRA ÚNICA. Galicia renace, Igrexa de San Martiño, Santiago de Compostela (10 de xuño – outubro de 1997)

XACOBEO 99. Santiago de Compostela. San Martín Pinario, Santiago (1999)

Foi comisario de IMÁGENES DE UNA HISTORIA. Exposición homenaxe ao Exmo. Sr. Dr. D. Fernando Cardenal Quiroga Palacios, arcebispo de Santiago de Compostela, 1900-2000. Santiago de Compostela (2000)

Membro do Comité Asesor do Congreso Internacional “Las raíces del humanismo europeo y el Camino de Santiago”, celebrado en Santiago de Compostela os días 4-5 de novembro de 2010.