Manuel Pombo Arias


Categoría: Doutor e escritor
Data de Nacemento: 1 de maio de 1943
Lugar de Nacemento: Sarria (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Web

Web Personal
 Currículum

Licenciado en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela e especialista en Pediatría e en Endocrinoloxía e Nutrición. Ampliou estudios en diferentes centros españois e estranxeiros. Profesor visitante no Hospital de Nenos de Columbus, Ohio (EE.UU.) e no Instituto Nacional da Saúde, Bethesda (EE.UU.). Na actualidade desempeña os postos de catedrático de Pediatría e xefe do Servicio de Pediatría. Dirixe a Unidade de Endocrinoloxía, Crecemento e Adolescencia do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Foi presidente da Sociedade Española de Endocrinoloxía Pediátrica, vocal da xunta directiva da Sociedade Española de Endocrinoloxía, vicepresidente da Asociación Española de Pediatría e presidente da Sociedade de Pediatría de Galicia. Membro numerario de diferentes sociedades científicas nacionais, membro numerario da European Society for Paediatric Endocrinology, da Growth Hormone Research Society, do International Council for Control of Iodine Deficiency Disorders e da New York Academy of Sciences. Membro da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e da Lawson Wilkins Paediatric Endocrine Society dos EE.UU.

 Obras realizadas

Publicou traballos nas revistas "Journal clinical Endocrinology and Metabolism", "Clinical Endocrinology", "Hormone Research", "Journal of Pediatric Endocrinology", "Growth Hormone and IGF Research", "Journal of Endocrinological Investigation", "Acta Paediatrica", etc. É autor de 10 libros, destacando: Manual de Pediatría Práctica, Endocrinología Pediátrica, Two Decades of Experience in Growth e Tratado de Endocrinología Pediátrica de ampla difusión internacional.

 Outros datos de interese

É presidente do comité organizador de diferentes reunións. Recibiu numerosos premios e pronunciou case duascentas conferencias en España e no estranxeiro. É membro de Honra da Sociedade Española de Endocrinoloxía Pediátrica, da Asociación Española de Pediatría, da Sociedade de Pediatría Extrahospitalaria e da Sociedade de Pediatría de Galicia. Membro de diferentes comisións estranxeiras e colaborador en diferentes revistas nacionais e internacionais.