Evaristo Correa Calderón


Categoría: Escritor e crítico literario
Data de Nacemento: En 1899 (†† En 1986)
Lugar de Nacemento: Neira de Rei - Baralla (Lugo)
 Currículum

Despois de licenciarse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela, foi lector de español na Universidade de Toulouse (1927-28). En 1930 dictou un curso de Literatura Española na Universidade de Bucarest e entre 1930-39 deu clases desta asignatura, como profesor numerario, en varios institutos españois. Despois conseguiu a cátedra nos Institutos das Palmas, Valladolid, Salamanca e Alcalá de Henares. Foi redactor-xefe de El Pueblo Gallego de Vigo (1925-26).

 Obras realizadas

Entre as súas obras, podemos destacar: Luar. Contos galaicos; Ontes Poemas; El milagro y la rosa; Conceición sinxela do Ceo; Notas para un magisterio idealista; Margarida a da sorrisa de aurora. Conto para nenos; Intuición del Romanticismo; Teoría de la Atlántida; Teoría de la Atlántida y otras historias fabulosas; Los costumbristas españoles; Escenas matritenses; Baltasar Gracián. Su vida y su obra; Oráculo manual; Agudeza y Arte de ingenio; El Criticón; Bibliografía de arbitristas, economistas y reformadores españoles... Os artigos que escribiu no xornal ABC publicáronse nun libro baixo o título de Los instantes festivos.