Licenciouse en Historia da Arte (Santiago de Compostela) e en Belas Artes (Barcelona) antes de traballar como crítico de arte en diversos medios. Foi director do centro de recursos barcelonés Hangar (www.hangar.org) entre 2001 e 2005, e das dúas primeiras edicións do proxecto de produción Processos oberts en Terrassa (www.p-oberts.org) entre 2004 e 2005. Ata xuño de 2009 dirixiu o Centro Galego de Arte Contemporánea (www.cgac.org) en Santiago de Compostela, onde desenvolveu un proxecto multidisciplinar a longo prazo chamado Proxecto-Edición (www.proxecto-edicion.net).