1950. Premio de Poesía polo poema: "E Noite, Noite Serena"; concedido polo grupo literario Domingo. Foi un dos fundadores do grupo poético "Amanecer". 1960. Nos "Xogos florais" de Galicia, premiado polo poema: "Carta desde la ciudad a un campesino". 1962. Finalista no Premio de poesía Ágora, polo libro: La última palabra. (Deputación San Sebastián). 1961. Publica o seu 1º libro: La señal del viento. No xornal Universitario de Santiago, escríbese dos poetas da xeración dos "cincuenta": Novoneira, Alfonso Gallego, Manuel María e outros. 1965. Publica o seu 2º libro: Boca a Bajo. 1967. O Día das Letras Galegas, en homenaxe a Curros Enríquez, faille un acto literario no círculo de artesáns da Coruña, no que interveñen: Manuel María e Alfonso Gallego, representantes da nova poesía Galega. 1969. Terceira festa da Cantiga (A Coruña). Gaña o primeiro premio co poema "En el mar de tus ojos verdes". 1961. Gaña o Brais Pinto. Realiza a súa 1ª exposición de pintura en el centro lucense de Bos Aires, presentado por Luís Seoane. 1960-61. Expón en diversas cidades españolas. É un dos fundadores do grupo informalista de Pintores, "A Gadaña". 1969-70. Mostra a súa obra en Montevideo, co gallo das Xornadas de Cultura Galega. Formou parte da estampa popular galega, participando nas mostras de Madrid, Santiago e Coruña. Máis de cincuenta Exposicións Colectivas. A derradeira mostra dos seus cadros foi no ano 1996, na Galería de Arte Atlántica. 25 exposicións individuais. 1961. No premio Castelao, (Santiago), obtivo unha mención honorífica coa peza: Gaivotas de vidro. 1962. Finalista no mesmo premio coa obra: Os Mortos.
Traballador infatigable. Deixa numerosa obra inédita. Ten realizado, diferentes traballos literarios en prensa e radio.