É mestra de Educación Primaria, e graduada en Artes Aplicadas, especialidade cerámica. Para completa-la súa formación realizou cursos de ceramista, modelador e escultor.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
2004. Espai Cultural Pere Prune, Barcelona;
2002. Galería Sargadelos, Monforte; Capela do Fogar de Santa María, catálogo, Lugo; 1999. Hotel Alfonso IX, Sarria (Lugo)
1998. Sociedade cultural e recreativa La Unión, Sarria; Mª Carmen Rodríguez, Sarria. EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
2003. Centro sociocultural Uxío Novoneyra, catálogo, Lugo; Casa da Cultura de Sarria, catálogo, Sarria; Galería Almirante, Lugo; Galería Burela, Burela e Museo Ramón Mª Aller, catálogo, Lalín (Pontevedra);
2003: seleccionada na VI Bienal Laxeiro de Lalín;
2002. primeiro premio no VII Certame de Arte, Galería Burela, Burela;
2001. primeiro premio de Escultura XXVIII bienal de Arte Galega da Noite Meiga, Sarria; segundo premio de Escultura VI Certame de Arte, Galería Burela, Burela;
2000. finalista do V Certame de Arte, Galería Burela, Burela;
1998. finalista do Premio Escultura Cidade de Lugo;
1997. finalista da XXVII Bienal de Meigas e Trasgos, Sarria; finalista na V Mostra Unión Fenosa, A Coruña.
Hai obras súas na Praza Juan Mª López (Sarria); Museo de Arte Contemporánea Meigas e Trasgos (Sarria); Concello de Burela e Centro de Artesanía e Deseño de Galicia (Lugo). Desde 1996 deseña, coordina e realiza as alfombras florais do Corpus en Sarria.