Alejandro Fernández Pumariño


Categoría: Avogado
Data de Nacemento: 21 de novembro de 1950
Lugar de Nacemento: Recimil (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Nacido na parroquia de San Lourenzo de Recimil, de Lugo; seus pais, Pilar e Baldomero, eran labregos nunha pequena explotación gandeira de catro vacas; aos 11 ano ingresou no Seminario de Lugo y tamén seu irmán José veu para Lugo para estudiar na Escola de Mestría Industrial. Ao estar os dous fillos nesta cidade os pais decidiron no ano 1965 vise a vivir a Lugo dedicándose Baldomero a exercer como representante de comercio por todo Galicia.

Alejandro cursou no Seminario de Lugo os doce años da carreira eclesiástica, e despois foi a estudiar a Madrid, primeiro na Facultade de Ciencias Morais, adscrita a Universidade Pontifica de Comillas, obtendo a licenciatura en 1976, e logo na Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid en que obtivo a licenciatura en 1980.

Desde cumprir os 18 anos compaxinou os estudios con traballo co que obter remuneración coa que axudar a seus pais a afrontar o coste de seus estudios, traballando no verao de 1969 en Düsseldor (Alemania), no verao de 1970 en Zurich (Suiza), no verao de 1971 en L'Escala (Costa Brava). Durante a etapa de estudios en Madrid traballou un tempo en empresa de transporte urbano e logo nunha empresa de fotocopias. Nesta cidade de Lugo traballou primeiro no almacén de libros de texto da editorial Anaya e despois en Caritas Diocesana.

Antes de recibir o título da Licenciatura en Dereito e mesmo de acabar os exames, incorporouse no ano 978 como pasante no despacho de don Pedro González López, no que permaneceu como colaborador hasta 1988 en que faleceu don Pedro. Dende ese momento ten despacho de abogado téndose dedicado con intensidade a profesión, que ten sido o seu medio de vida, dedicándose tanto a temas civís e administrativos como a temas penais e mesmo de dereito canónico, estando colexiado no Colexio da Avogacía de Lugo de forma ininterrompida. Son moitas as persoas, familias, asociacións, comunidades e empresas as que tivo por clientes e aos que proclama gratitude pola súa confianza. Agora e grazas a xubilación goza da súa familia, con tres netos, da súa aldea, e de recuperar a participación en un coro, como é o “Coro do Hospital de Lugo”.

No ano 1980 foi nomeado director de Caritas Diocesana de Lugo polo Sr. Bispo Fray José, cargo que no cesou, despois de 17 anos, en 1997, sendo en catro deses anos membro do Consejo General de Caritas Española. Sendo director de Caritas Diocesana participou como tal de xeito activo na creación da “Asociación Lucense de Información y Ayuda al Drogodependiente”, da “Asociación provincial de Alcohólicos Rehabilitados”, na constitución da Fundación Monte del Gozo para poñer en marcha en Galicia o Proxecto Home, e na posta en marcha de Preescolar na Casa, sendo Presidente da súa Fundación ate que tivo que desaparecer por falla de financiamento.

Colabora coa Cruz Vermella, na que ten sido vicepresidente durante un mandato.

Colaborou nas labores desenvolvidas a partires de xaneiro de 2007 para a realización do Plan Estratéxico de Lugo, sendo unha das catro persoas designadas pola Corporación municipal por consenso para presidir cada unha das catro comisións de estudio constituídas.