Manuel Sarille Lanceiro


Data de Nacemento: 8 de maio de 1923 (†25 de maio de 2008)
Lugar de Nacemento: Montecubeiro, Castroverde (Lugo)
 Currículum

Ingresou nas Xuventudes Socialistas en setembro de 1935. O 14 de abril de 1936 participou nun mitin da República en Montecubeiro. Tralos sucesos de Montecubeiro en agosto de 1937, figurou nas listas de persoas a fusilar (sí fusilaron a Carmen Sarille Lanceiro, de 22 anos). En 1945 ingresou en Telégrafos por oposición. En 1976 ingresou no PSOE. Foi membro da executiva galega durante dous anos e do comité federal durante outros dous anos.

 Obras realizadas

É autor de A Pascua de Montecubeiro, sátira teatral en verso de tradición oral, publicada na revista “Olisbos” nº 14, editor do libro Arximiro Rico. Luz dos humildes, vida e morte dun mestre republicano, de Narciso de Gabriel e Xosé M. Sarille, coautor do libro Polos fillos dos fillos, de Xosé Manuel Sarille Candeia (Sucesos de Montecubeiro, 1937), personaxe principal. Financiou e dirixiu o monolito ós mortos de Montecubeiro de 1937, coa colaboración do Concello de Castroverde, instalado no campo da parroquia o 23 de agosto de 2003. Foi colaborador en El Progreso con artigos e cartas.
Foi secretario do Moto-Club Lucense de 1952 a 1958 e organizaba os premios San Froilán de Motorismo.