Manuel Molares do Val traballou para a Axencia EFE como correspondente permanente en México, Bélxica, a República Popular China (o primeiro xornalista español destinado alí), e EE.UU. Foi enviado especial en todo tipo de acontecementos nos cinco continentes.
As súa crónicas publicáronse durante case dúas décadas en decenas de xornais da vintena de nacións hispanofalantes. Boa parte delas, traducidas por Gannet News Service, apareceron en inglés en países como Estados Unidos, Reino Unido e Australia.
Na guerra chino-vietnamita de 1979 resultou gravemente ferido, pero continuou informando desde unha cama ata o final da contenda, afortunadamente curta.
Foi oficial da Mariña Mercante (EON, A Coruña) e, compaxinando os estudos coas prácticas de mar, titulouse en dúas especialidades de enxeñería (NYU, Nueva York). Enseguida abandonou o mar, aínda que non como afección (cruzou o Atlántico en veleiros), para estudar Xornalismo (EOP, Madrid).
Ingresou en EFE como alumno en prácticas e, tras concluír esta nova carreira, saíu como correspondente ao exterior. Master on Liberal Arts (USC, Los Ángeles), obtido durante a estancia en California, de volta a España foi redactor xefe e subdirector de distintos departamentos da Axencia e directivo da Asociación da Prensa de Madrid durante dous mandatos.
Despois de ter contribuído a formar varias promocións de xornalistas e de alumnos do Máster de Comunicación e Relacións Internacionais (EFE - Universidade Complutense), e aínda que segue impartindo clases de Xornalismo, en outono de 2001 deixou EFE e a información forzosamente neutral e maioritariamente anónima, como case todo labor de axencia, e orientou o seu traballo cara ao xornalismo de opinión.
Elabora desde entón, diaria e ininterrompidamente desde calquera parte do mundo, a súa columna persoal "Crónicas Bárbaras" para a Axencia Fax Press (www.agenciafaxpress.com).
Desde 2004 e tras divulgarse nos medios abonados a Fax Press, as "Crónicas Bárbaras" aparecen neste blog,
http://cronicasbarbaras.blogs.com.
Publícanse tamén en:
http://blogs.periodistadigital.com/cronicasbarbaras.php
http://www.suma21.com
http://redliberal.com
http://www.eldiarioexterior.com