Mercedes Oliveira Malvar


Data de Nacemento: 25 de maio de 1957
Lugar de Nacemento: Pontevedra
 Currículum

Pasa a súa infancia en Tui. Estuda Filosofía e anos despois Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, doutórase en 1997 coa tese "La educación afectivo-sexual en la adolescencia. Epistemología y didáctica de una propuesta".
1995. “Premio Nacional Educación y Sociedad” a materiais didácticos de innovación educativa do M.E.C. polos libros "O animal Humano" e "Eros: Materiais para pensar o amor".
Foi presidenta da O.N.G. de Dereitos Sexuais Federación de Planificación Familiar de España desde xaneiro de 1998 ata 2003, actualmente pertence á xunta directiva e leva a representación internacional.
É profesora de Filosofía no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo.
Anteriormente traballou nos seguintes Institutos de Bacharelato: Saturnino Montojo de Ferrol (A Coruña), Val Miñor de Nigrán e María Soliña de Cangas (Pontevedra).
É membro fundador (desde 1988) do grupo “Enxergo de Didáctica da Filosofía”, grupo de referencia en Galicia na elaboración de libros de texto, materiais curriculares e formación do profesorado.
Profesora no Diploma Superior de Saúde Sexual e Reprodutiva da Escola Nacional de Sanidade en Madrid e en Extremadura, no Máster de Xénero e Políticas de Igualdade da Universidade de Vigo e no Máster de Xénero da Universidade da Coruña.
É docente no Curso de Extensión Universitaria organizado pola Cátedra de Xénero Leonor de Guzmán da Universidade de Córdoba.
Colabora habitualmente cos Centros de Formación do Profesorado impartindo cursos de filosofía, didáctica, coeducación, feminismo, sexualidade, transversalidade, multiculturalidade, prevención da violencia, bullying, etc…
Colaborou co Ministerio de Educación e Ciencia na elaboración das "Cajas Rojas" para o deseño das materias de Filosofía no novo bacharelato LOGSE.
Redactou o “II Plan Municipal para a Igualdade de Oportunidades e de Trato das Mulleres de Vigo”.
Colabora na organización das Xornadas de Mulleres Veciñais de Vigo desde o seu inicio en 1990.
Foi invitada por IPPF (International Planned Parenthood Federation) a participar como representante voluntaria do Estado Español en temas de Dereitos Sexuais en IPPF European Network Regional Council Meeting celebradas en Praga, Oslo, Dublín, Roma, Tallin e Luxemburgo.

 Obras realizadas

É autora dos seguintes libros:
-"La educación sentimental. Una propuesta para adolescentes” (Icaria, 1998).
-“Eros: Materiais para pensar o amor” (Edicións Xerais de Galicia).
-“Aprendendo a ver a desigualdade” e “O corpo como campo de batalla” (Concello de Vigo, 2002).
-“La educación sentimental. Una carencia en el sistema educativo”. En Santos Guerra (coord): “El harén pedagógico. Perspectiva de género en la organización escolar” (Graó, 2000).
-“Platón”, “Animal Humano”, “¿Quen somos?” en Edicións Xerais de Galicia.
-“II Plan Municipal para a igualdade de oportunidades e de trato das mulleres de Vigo (2003-2004)”, (Concellería da Muller, Concello de Vigo, 2003).
-“El cuerpo como campo de batalla. Reflexiones sobre la corporalidad femenina”. En Congreso Internacional Sare 2005: Niñas son, mujeres serán. Emakunde, Vitoria-Gasteiz 2006.
-“Non o quero nin pensar... Sobre o abuso sexual infantil e xuvenil”. Festa da Palabra Silenciada nº 23 Especial Violencia. Vigo, Galicia 2007.
-‘Feminismo e sociedade laica’ en “Por umha sociedade laica. Polo nosso direito a decidir”. MNG Mulleres Nacionalistas Galegas, Vigo 2008.

 Outros datos de interese

Escribiu ademais numerosos artigos en revistas especializadas, libros de texto e materiais didácticos de Filosofía e Ética en colaboración co grupo “Enxergo de didáctica da Filosofía”.