Adolfo Prego de Oliver


Categoría: Xornalista
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Estudiou Maxisterio en Ourense e en 1933 comezou a súa carreira como xornalista no xornal La Región. Despois de resultar ferido na guerra, puido dedicarse por completo ó xornalismo e contou coa axuda do seu compañeiro Manuel Cerezales que colaboraba con El Pensamiento Navarro en Pamplona. Adolfo Prego comezou a colaborar con La Voz de España, onde Manolo Cerezales xa era subdirector. Finalizada a guerra, Adolfo Prego regresou a Madrid e entrou a formar parte da redacción da revista Mundo, dedicada a asuntos internacionais. Ademais, colaborou nas revistas "Artes y Letras" e "Misión". Nos anos 50 colaborou no xornal Informaciones como crítico teatral, converténdose nun dos máis prestixiosos de Madrid. Dirixiu a revista Blanco y Negro e colaborou tamén no xornal ABC coa súa columna "Cada día".

 Obras realizadas

Escribiu algunhas obras de teatro que non chegaron a estrenarse como El exiliado, Comedia para estudiantes e Epitafio para un soñador...