Estudiou Artes e Oficios en Santiago de Compostela e foi director da Escola de Artes e Oficios de Lugo.
Realizou infinidade de obras en Lugo, en España, así como no estranxeiro, entre as que destacan numerosos elementos para a “Sagrada Familia” de Barcelona, a fonte do claustro de Fonseca (Santiago), o monumento á nai en Oza–Teo, o busto de Rosalía no Parque de Rosalía de Castro (Lugo) e o monumento a Ángel López Pérez no parque (obra conxunta con Asorey).
Despois da súa xubilación en novembro de 2003, cedeu o seu taller á Deputación Provincial de Lugo. Foi galardoado con numerosos premios e distincións, entre os que destaca o nomeamento de “fillo predilecto” do Concello de Teo, a Medalla Castelao, a Medalla do Mérito ó Traballo, a Medalla de Bronce de Galicia e a Medalla da Comarca de Teo.
En decembro de 2005 foi galardoado coa Insignia de Ouro dos graniteiros galegos.