-Ensinanza Primaria e Secundaria nos Irmáns Maristas de Vigo ata 1953.
-Decano do Colexio Revalida en Santiago.
-3 anos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.
-Carreira de Perito Industrial Mecánico na Escola de Peritos de Vigo, licenciado en 1961.
-Curso de posgrao en Inglaterra, (2 anos) de prácticas en The Associated Electrical Industries en Rugby (Inglaterra).
-Coordinador xeral para a A.E.I. Ltd. da Construción e Posta en Marcha da Central Térmica de Mata para FECSA en Barcelona (1964-1965).
-Coordinador xeral para a G.E.C. da Construción e posta en marcha da Central Térmica de Caletillas (Sta Cruz de Tenerife) para UNELCO (1965-1967).
-Xerente de vendas en Londres para Europa Meridional da General Electric Company Ltd. (1967-1968).
-Xerente de vendas da English Electric Company en Venezuela (Caracas) (1968-1969).
-Presidente e director xerente da Anglo Argentine General Electric Company en Bos Aires (Arxentina) con máis de 800 empregados (1970-1972).
-Presidente e director xeral da Otis Elevator Company Ltd., producindo ascensores e escaleiras mecánicas en Bos Aires - Argentina con máis de 2500 empregados (1972-1978).
-Membro honorario da Flota de Mar (Argentina).
-Director xeral de Pratti Vazquez Iglesias, gran empresa nacional arxentina cuns 4000 empregados, producindo Trailer e Semitrailers Fruehauf, Contenedores, Llantas Firestone, e outros produtos da industria do automóbil en Lanus, Bos Aires - Arxentina (1979-1980).
-Presidente e director xerente da empresa estadounidense de Hidráulica de Alta presión, Applied Power International España en Madrid (1981-1987).
-Fundador da empresa consultora Temes Asociados.
-Fundador presidente e director xeral de A.Y.C. empresa de aluguer de maquinaria en Madrid (1991-1993).
-Fundador, presidente e director xerente de AlquiMadrid, empresa do sector do aluguer de maquinaria en Madrid ata o seu retiro.
Idiomas:
Fala perfectamente varios idiomas. Dá clases de inglés.
Afeccións:
Música:
Toca varios instrumentos e compuxo moitas cancións e fixo arranxos corais para coros. Foi fundador da Tuna da Escola de Peritos Industriais en Vigo e cantou en diversas corais. Hoxe canta na Camerata Dirdam en El Molar (Madrid)
Pintura: pinta cadros ao óleo e realizou exposicións en Arxentina e España.
Poesía:
Escribe poemas desde a súa nenez, algúns dos cales viron a luz en diversas redes sociais e está preparando unha compilación que será pronto publicada.