Despois de remata-la carreira de Profesor Mercantil, en 1951, fíxose cargo dunha empresa de venta por xunto de tecidos, que foi incrementando ata hoxe con seis empresas, cun total de 14 comercios, inmobiliaria e exportador de artigos relixiosos, fabricando o "Lampadario electrónico". En 1955 co seu irmán Rafael, montaron un centro comercial en Lugo, "Pazo de la Maza". Actualmente, a súa actividade empresarial está en expansión, coa axuda dos seus tres fillos. 1977: Cofundador da "Confederación de Empresarios Lucense". 1988: Fundador e presidente da "Asociación Téxtil". 1988: Cofundador da Federación de Comercio de Lugo e Vicepresidente da Federación de Comercio de Galicia, dende onde participan na elaboración da "Lei de Comercio". En 1996, co seu irmán Rafael, montaron un centro comercial en Lugo, "Pazo de la Maza". Presidente do IMPI galego, dependente do Ministerio de Industria. Vicepresidente da CEL durante 10 anos e da Fundación CEL. Vocal da Cámara de Comercio de Lugo. Vicepresidente da Mutua Galega de Accidentes de Traballo. Vocal da Comisión Económica da CEG.
Promotor de calquera iniciativa que se fixo a favor de Lugo, ultimamente cos libros de Ouro de apoio á Muralla de Lugo. Participante en diversas empresas lucenses. Medalla de Galicia. Nomeamento de Empresario Galego pola Federación Galega de Comercio.