Estudiou Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático e director do Instituto de Pontevedra, deputado e alcalde de Pontevedra, presidente da Deputación, subsecretario de Traballo e subsecretario da Gobernación. En 1936 foi nomeado presidente da comisión impulsora do Estatuto de Autonomía de Galicia, que foi aprobado en xuño. Durante a Guerra Civil ocupou diversos cargos políticos, exiliándose despois en Francia, México e EE UU, onde ocupou varios postos, sendo desde 1948 funcionario da ONU. Entre os cargos que ocupou destacan: Director da Oficina Rexional da FAO para o Occidente de América Latina, director da Oficina Rexional para a Agricultura e a Alimentación, representante da ONU para Chile e Indonesia, encargado de misións de asistencia técnica en Costa de Marfil, Alto Volta, Nixer e Benín, director do fondo especial da ONU en Exipto, director da misión no Congo e representante especial do secretariado xeral da ONU en Chipre. Ó retirarse en 1974 dedicouse á docencia na Universidade Autónoma de México.