Manuel Lombao Lombao


Categoría: Xornalista e escritor
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

DATOS ACADÉMICOS
Licenciado en Ciencias da Información. Universidade Complutense de Madrid.
Cursos de Doutorado en CC.II. Universidade Complutense de Madrid. Director Prof. Dr. Pedro Orive.
Licenciado en Dereito. Universidade Complutense de Madrid.
Cursos de Doutorado en Dereito. Universidade Complutense de Madrid. Director Prof. Dr. Pedro de Vega.
Diplomado na Escola de Práctica Xurídica. Universidade Complutense de Madrid.
Diplomado en Comunidades Europeas. Ministerio de Asuntos Exteriores de España. Director: Embaixador Alberto Ullastres.
Diplomado en Dereito Constitucional e Ciencia Política. Centro de Estudos Constitucionais. Director: Prof. Dr. Francisco Laporta.
Diplomado en Altos Estudos Internacionais. Sociedade de Estudos Internacionais (SEI). Director: Prof. Dr. Fernando de Salas.
Especialista Universitario en Dereito das Telecomunicacións e do Sector Audiovisual. Universidade San Pablo-CEU e Fundación Universidade Empresa. Director: Prof. Dr. José Luis Piñar.
Diplomado no curso “La Competitividad de la Empresa Española”. Universidade Politécnica de Madrid. Centro de Estudos de Posgrao de Administración de Empresas. Director: Prof. Dr. Julián Pavón.
Diplomado no curso “Técnicas de Xestión Empresarial”, impartido pola empresa Norconsult. Director: Francisco Cal Pardo.
Numerosos diplomas de formación complementaria en Cursos, Xornadas e Seminarios diversos de duración inferior a un curso académico.

EXPERIENCIA ACADÉMICA DOCENTE
Profesor colaborador do Departamento de Dereito Constitucional. Facultade de Dereito da Universidade Complutense.
Profesor Honorario da Sociedade de Estudos Internacionais (SEI).
Profesor invitado do Instituto Oficial de Radiotelevisión (IORTVE)
Profesor de “Periodismo I y II” Escuela Superior de Negocios de Madrid (World University).
Profesor e conferenciante en numerosos cursos, cursiños, seminarios e xornadas en distintos ámbitos: universidades públicas e privadas, cursos en universidades de verán, seminarios, etc...

 Obras realizadas

DATOS PROFESIONAIS
Membro da Asociación da Prensa de Madrid (APM). Número de rexistro 1.074.
Membro da Asociación de Xornalistas de España. Número de rexistro 8.141.
Rexistro Oficial de Técnicos de Radiodifusión e Televisión nº 9.208.
Avogado en exercicio colexiado nº 59.457 do Ilustre Colexio de Avogados de Madrid.
Na actualidade é o Director do Instituto Cervantes en Brasilia (Brasil).

HISTORIAL PROFESIONAL
RADIO E TELEVISIÓN
Colaborador en programas musicais en Radio Lugo-Cadena SER (1966-67).
Xefe de programas en Radio Popular de Lugo-Cadena COPE (1967-71).
Xefe de programas musicais en Radio Popular de Madrid-COPE (1971-75).
Colaborador en Musicais e Informativos de Radio Nacional de España e Televisión Española Madrid (1976-1981).
Xefe de Informativos Especiais en Radio Nacional de España- Madrid (1982).
Subdirector dos Servizos Informativos de Radio Nacional de España- Madrid (1982-1983).
Director de Radio Nacional de España en Galicia (1983-85).
Área de Cultura de Telediarios de Televisión Española. Madrid (1985-86).
Director de TVE en Galicia (1986-1987).
Subdirector de “Informe Semanal” TVE-Madrid (1988).
Director do programa “Parlamento” TVE-Madrid (1989-96).
Cronista Parlamentario e Comentarista - Responsable de máis de 100 Transmisións Institucionais de TVE nos últimos 20 anos (1988-2008), entre elas plenos e comisións do Parlamento español e do Parlamento Europeo, viaxes do Papa a España, cumbres iberoamericanas, entregas de Medallas de Belas Artes, entrega dos Premios Nobel, entrega dos Premios Príncipe de Asturias, voda de S.A. la Infanta Elena en Sevilla, enterros de SS. AA. RR. D. Juan de Borbón e Doña María de las Mercedes, pais de S. M. o Rei, actos da Festa Nacional e Día das Forzas Armadas, etc.
Director da Área Centros Territoriais TVE (2004 ata a actualidade).
Creador e director do programa “España es” (2005), por TVE-2 de 11,15 a 13,00 horas e de luns a venres.
Vicepresidente de CIRCOM (European Association of Regional Television) organización que agrupa 300 televisións públicas rexionais europeas (2006 e 2007).

PRENSA
Colaborador do diario “El Ideal Gallego” da Coruña (1968-71), “El Progreso” de Lugo (anos 60 e 80) e do diario económico “5 Días”, Madrid (1981 e 1982), director da Revista “Foro Empresarial” Madrid (1991) e do xornal mensual “Galicia y Madrid siglo XXI” Madrid (anos 1998-99), colaborador do xornal semanal “A Nosa Terra” (2002 e 2003) e articulista esporádico en distintos medios escritos.

PUBLICACIÓNS
“Andalucía” y “Aragón” (con Miguel Ángel Sacaluga), libros-reportaxe sobre a situación preautonómica en España ó inicio da Transición. Ed. La Gaya Ciencia. Barcelona 1977.
“Historia e Futuro da Música e a Canción Galegas” (con Manuel Rivas, Xosé M. Pereiro, Margarita Soto e outros) Ed. Ruada. A Coruña. 1980.
“Primeros encuentros de la Comunicación: La Radio”. Libro - transcrición de ditos encontros, dos que foi creador e director. Ed. Deputación Provincial da Coruña, 1985.
“Cunqueiro en la Radio”. Compilador e prologuista deste libro que recolle os guións que se puideron recuperar escritos por Álvaro Cunqueiro para a súa colaboración semanal para Radio Nacional de España na Coruña entre os anos 1956 e 1981. Ed. Fundación “Pedro Barrié de la Maza”, A Coruña, 1991.
“Historia dun Futuro”. Libro que repasa a historia do Partido Socialista en Galicia e entrevistas cos seus principais líderes no momento da súa publicación. Ed. Sotelo Blanco, Barcelona, 1993.
“50 Aniversario de la Declaración de los Derechos Humanos 1948-1998”. Promotor e prologuista deste libro que recolle as dez mesas celebradas no Círculo de Belas Artes de Madrid ó longo de todo o ano 1998 das que foi organizador como Secretario Xeral da Asociación Pro Dereitos Humanos de España (APDHE) e coordinador dos actos do 50 aniversario de dita declaración. Ed. Fundamentos. Madrid, 1999.
“Homenaxe a Luís Tobío”. Promotor e prologuista deste libro-homenaxe dedicado a este diplomático e intelectual republicano, exiliado en Arxentina e Uruguai, galeguista, escritor e tradutor de Rilke, Goethe e Brecht ó galego (Viveiro, Lugo 1906 - Madrid 2003). Ed. do Castro. A Coruña, 2001.
Distintos traballos científicos e de investigación en revistas como a da Facultade de Dereito da Universidade Complutense, a do Centro de Estudos Constitucionais, “Utopía y Sociedad” da Fundación León XIII ou en “Comunicación XXI” e “Ozono” (hoxe extinguidas). Artigos e traballos para libros colectivos de temas culturais e sociais moi variados.

EN VÍDEO
“El Arte en la mirada: Las Cruces de piedra en Galicia” e “Caras y Caretas” (ambas en galego e castelán). Realizador e co-guionista con J. A. Durán e para a exposición “Castelao 1886- 1950” organizada polo Ministerio de Cultura. Xardín Botánico de Madrid. 1986.
A exposición percorreu posteriormente América e puido verse en distintas estacións de ferrocarril en Galicia en varios vagóns-exposición.
“Galicia I y II”, para a serie histórica: “España, La Historia Inmediata de TVE”. Madrid 1987.
“Galicia el final del Camino Europeo” (en galego e castelán) para o Premio Europa de Producións Audiovisuais 1987.

 Outros datos de interese

PREMIOS E DISTINCIÓNS
Premio “Ondas” de Radio, outorgado pola Sociedade Española de Radiodifusión (SER).
Director e presentador do programa “Popularísimo” (Cadena COPE). Barcelona outubro de 1974 (ano do 25 aniversario da creación dos premios).
“Micrófono de Ouro”, outorgado pola Federación de Asociacións de Profesionais de Radio e Televisión de España. Madrid, marzo 1993.
“Lucense del Ano”, outorgado pola Asociación Provincial de Radio e Televisión, Lugo outubro 1993, xunto con Monseñor Rouco Varela, entre outros.
Placa-homenaxe do decano e alumnos da Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid ó programa “Parlamento” de TVE polo labor divulgador dos temas xurídico-lexislativos e a colaboración mutua entre o programa e a Facultade. Madrid, novembro 1995.
Primeiro premio ó Mellor Programa de Investigación no Apartado Internacional no Festival Internacional de programas de TV “Golden Umbrella” de Bulgaria polo documental “La Última Carta” sobre unha historia da guerra civil española (xuño 2006).
Finalista no apartado de Mellor Documental de Investigación Histórica e Biográfica do Festival de TV de Shanghai (China) polo documental: “Jesús Bal y Gay, La Ventana Ignorada” sobre este músico e escritor galego exiliado en México (maio 2006).

Medalla ó Mérito Militar con Distintivo Blanco imposta polo xefe do Estado Maior da Defensa (maio 2007).