Cursou estudios de Bacharelato en Lugo e licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1958. Posteriormente, ingresou por oposición na Escala Superior de Técnicos de Tráfico. Tivo o seu primeiro destino na Xefatura de Tráfico de Ourense, pasando despois á da Coruña e na actualidade é Xefe Provincial de Tráfico de Lugo (desde 1994). Desde o seu ingreso na Función Pública, especializouse nos aspectos xurídicos relativos á seguridade vial e probas de aptitude para a obtención do permiso de conducir, participando en numerosos congresos e relatorios relacionados con estes temas.