Edelmiro López Iglesias


Categoría: Economista e escritor
Data de Nacemento: En 1960
Lugar de Nacemento: Bilbao
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de licenciatura e de Doutoramento. Desde 1984 ven desenvolvendo a súa actividade profesional no Departamento de Economía Aplicada desta Universidade, onde actualmente é Profesor Titular. Ademais, desde 1999 ocupa o cargo de Director do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). A súa investigación céntrase nos campos da economía e política agraria, o desenvolvemento rural e a economía rexional, nos que ten participado en máis de vinte proxectos de investigación. Realizou estadías en diversas Universidades e centros de investigación estranxeiros, como o CIRAD e o INRA en Montpellier (Francia) e a Universidade de Guadalaxara (México). Autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas, desde 1995 forma parte do equipo redactor dos Informes sobre a economía galega, que edita anualmente a Fundación Caixa Galicia, e foi un dos redactores do Libro Blanco de la Agricultura y el Desarrollo Rural elaborado en 2003 polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Membro desde 2001 da xunta directiva da Asociación Española de Economía Agraria (AEEA), formou parte do consello de redacción da Revista Española de Economía Agraria.

 Obras realizadas

Entre as súas publicacións destacan: Movilidad de la tierra y dinámica de las estructuras agrarias en Galicia, Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, (1996) Madrid;“El sector agrario en Galicia: alcance y límites de su reestructuración en la última década”, en MOLINA, M., MUÑOZ, C. e RUIZ-MAYA, L. (Coords.): El sector agrario. Análisis desde las Comunidades Autónomas, Mundi-Prensa/ MAPA, (1998), Madrid, pp. 335-369; con Fernández Leiceaga Estrutura Económica de Galiza, Ed. Laiovento, 2000, Santiago de Compostela, con Ares J. J. Novos escenarios para a economía galega. Actas do II Congreso de Economía de Galicia, 2002, Serv. de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela; “Desenvolvemento productivo das explotacións galegas e reforma das estructuras agrarias”, en SEMINARIO DE ESTUDIOS GALEGOS: A concentración parcelaria, Publicacións do Seminario de Estudios Galegos, Ed. do Castro, A Coruña, pp. 183-212 e “Las estructuras agrarias en España: análisis de sus transformaciones en la década de los noventa”, Papeles de Economía Española.

 Outros datos de interese

En 1995 recibiu o segundo accésit do “Premio Nacional de Publicaciones Agrarias, Pesqueras y Alimentarias”, convocado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.