Fernando Suárez Lorenzo


Categoría: Presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG)
Data de Nacemento: 1973
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Facebook

Twitter

Linkedin
 Currículum

Licenciado en Informática pola Universidade da Coruña, Fernando Suárez Lorenzo preside o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) desde a constitución deste organismo en decembro de 2007. Actualmente é tamén vicepresidente 1º do Consejo General de Colegios de Ingeniería en Informática.

Desde maio de 2006 desenvolve a súa actividade profesional como responsable de Sistemas do Concello de Santiago de Compostela, onde traballa na administración de plataformas UNIX, LINUX e Microsoft e como administrador das bases de datos Oracle e da rede de voz e datos do Concello. Exerce tamén como voceiro profesional da Comisión de Avaliación da Rama de Enxeñaría e Arquitectura-ACSUG, onde realiza a avaliación previa á implantación de títulos oficiais de Grao e Máster.

 Obras realizadas

Ademais, Suárez Lorenzo é colaborador como responsable TIC da Federación Galega de Karate; da Asociación de Xuristas da Saúde; da Asociación de Letrados da Xunta de Galicia e do Centro de Estudos Corporativos da Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos participou como relator e profesor en varias xornadas e cursos e como perito en distintos procesos xudiciais.

 Outros datos de interese

A súa traxectoria profesional ata 2006 inclúe diversas tarefas como programador e administrador de sistemas en diferentes departamentos da Xunta de Galicia.