Licenciado en Filoloxía Hispánica (Subsección de Filoloxía Galego-portuguesa) pola Universidade de Santiago de Compostela, foi tradutor da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia e, dende 1988, director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. É coordinador da Comisión Técnica de linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega e membro do Comité internacional da Rede Panlatina de Terminoloxía.
OBRAS REALIZADAS:
LITERARIA: É autor dunha obra de teatro, ‘O achado do castro’ (Sotelo Blanco, 1991), gañadora do Premio Xiria de Creación Teatral, da que leva vendidos máis de dez mil exemplares e que foi representada en numerosos lugares de Galicia así como en Madrid, Caracas ou México.Tamén é autor da novela ‘Mar de fondo’ (Galaxia, 1997) Na actualidade ten no prelo unha nova obra de teatro. Participou nos volumes colectivos ‘Minirelatos’ (Lib. Cartabón, 2000) ‘Longa lingua’ (Xerais, 2002), ‘Sempre Mar’ (Asoc. Cultural Benito Soto, 2003). Tamén ten publicados outros relatos e algún poema en varias revistas.
FILOLÓXICA: É coautor ou coordinador dos seguintes libros: ‘A información en galego’, Edicións Lea, Santiago (1996), en colaboración ‘Mellorando os Servicios’ (2 volumes) USC (1997) e coordinador de ‘O idioma na Universidade de Santiago de Compostela’, USC (1998). Ademais, colaborou como coordinador nun Curso de Lingua Galega para non galegofalantes, Xunta de Galicia (2000) e en variados artigos.
Páxina web: www.usc.es/snlus