Manuel Ángel Jove Santos


Categoría: Empresario
Data de Nacemento: En 1967
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Manuel Ángel Jove Santos é copresidente de INVERAVANTE, corporación na que dende 2007 e ata maio de 2020 era vicepresidente.

Iniciou a súa carreira profesional no Banco Hipotecario, entidade na que estivo 5 anos ata a súa incorporación a FADESA. Na compañía inmobiliaria formou parte do equipo que pilotou a expansión nacional do grupo, asumiu a Dirección Xeral Comercial e, en 2002, foi nomeado vicepresidente.

É conselleiro de APD en Galicia e patrono fundador da Fundación María José Jove, institución con sede na Coruña que traballa dende 2003 en favor da infancia e da inclusión social.