Mestre de escola exercendo desde 1961 ata o 2000. Durante sete anos foi director do Departamento de Producción de Material Didáctico para o Ensino en Galego da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Escribiu os seguintes libros: Muxicas no espello, Ed. Celta, Lugo, 1971, O libro das adiviñas, Ed. Akal, Madrid, 1975, No cadeixo, Ed. Galaxia, Vigo, 1976, Lúa nova 1 // Lúa nova 2, Ed. Anaya, Salamanca, 1978 - 6 edicións, E agora cun ceo de lama, Ed. Xerais, Vigo, 1981, Das cousas de Ramón Lamote, Ed. Galaxia, S.M. Vigo, 1985 (Premio Barco de Vapor 1984, Premio Losada Diéguez 1985, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1986, Ibby Honour List 1986, incluído nos White Ravens de 1988 da Internationale Jugendbibliothek, edición para a “Biblioteca Galega 120” de La Voz de Galicia (A Coruña 2002); traducción ó castelán: Cosas de Ramón Lamote, Ed. S.M. Madrid, 1987; Las cosas de Ramón Lamote, edición para a colección “El submarino naranja”, Ed. S.M. - Ed. del Prado, Madrid, 1994; Traducción ó catalán: Les coses de Ramón Lamote, Ed. Cruïlla, Barcelona, 1989; Traducción ó euskera: Ramon Lamoteren Gauzak, Ed. Elkar, Donostia, 1989, Traducción ó bable: Les coses de Ramón Lamote, Ed. S.M. Madrid, 1989, Versión en Braille.- O.N.C.E. 1989), Coa xente miúda 1 // Coa xente miúda 2, Ed. Vía Láctea, A Coruña, 1985, ¿Que cousa é cousa?, Ed. Galaxia, Vigo, 1985, Galego 1 // Galego 2, Ed. Vía Láctea, A Coruña, 1985 (Co colectivo Esteo), Lembranza nova de vellos mesteres, Ed. Galaxia, Vigo, 1988 (Incluído nos White Ravens de 1990; Traducción ó castelán: Memoria nueva de antiguos oficios, Ed. S.M, Madrid, 1989; Traducción ó catalán: Nou record de vells oficis, Ed. Cruïlla, Barcelona, 1990), El camino de Santiago, Ed. S.M., Madrid, 1990, Servando i rei do mundo enteiro, Ed. Xerais, Vigo, 1990, Dende a muralla, Ed. Xerais, Vigo, 1990, Un robot pequeño, Ed. Xerais, Vigo, 1991, (Traducción ó Eusquera: Robot txiki bat, Ed. Desclée de Brouwer S.S., Bilbao, 1999), O vagón que perdeu o tren - O xardín, Ed. Xerais, Vigo, 1991, A, se cadra, verdadeira historia do basecus anxeliño viltroteira en Os libros do Castromil, Santiago, 1992, Historias para ler á noite, Ed. Galaxia, Vigo, 1992, Pierre, Consorcio de Santiago, Santiago de Compostela, 1993, Dous homes ou tres, Ed. S.M., Madrid. 1993, (Traducción ó castelán: Dos hombres o tres, Ed. S. M., Madrid, 1995), Andanzas e amizades dun robot pequeño, Ed. Xerais, Vigo, 1994, Autovía, Ed. Nigra, Vigo, 1994, Un reguiño na terra cha, Ed. Xistral, Monforte (Edición non venal) 1995, Somos galegos porque..., Xunta de Galicia, 1996, O paporrubio que tiña sede, Xunta de Galicia, 1998, Medio burato, Ed. S.M., Madrid, 2000 e Auga para encher un cesto, Ed. Luis Vives, Zaragoza, 2002.
Foi director do suplemento Axóuxere - Semanario do neno galego- publicado no xornal La Región de Ourense nos anos 1974-1975. Ten sido membro do consello de redacción de “A trabe de ouro” e columnista periódico en El Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra. Participou en multitude de volumes colectivos, conferencias, relatorios en Congresos, colaboracións en prensa, radio, TV, Pregóns, etc. Conseguiu os premios Santiago de T.V.E. 1987 e "Puro Cora" de periodismo 1994.