Manuel Alejandro Blanco Losada


Categoría: Economista
Data de Nacemento: 19 de febreiro de 1943
Lugar de Nacemento: Marín (Pontevedra)
 Currículum

Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade Autónoma de Madrid, 1967. Iniciou a súa carreira profesional na Compañía de Minas de Riotinto e posteriormente en ENASA. 1967-76. Traballou para o Ministerio de Facenda como experto en previsión económica. 1974. Incorporouse a Tabacalera, empresa na que foi Xefe do Servicio de Estudios e Director de Planificación e Estudios Económicos (1982-1990) Durante esta etapa foi conselleiro de Tabacanaria, Cigarcanaria e Tabapréss, Xaneiro 1988. Elixido vicepresidente primeiro da "Caja de Ahorros y Monte de Piedad" de Madrid e conselleiro da "Corporación Financiera Caja de Madrid", onde permaneceu ata marzo de 1993. Designado conselleiro da "Sociedade de Promoción e Participación Empresarial Caja de Madrid", consello ó que pertence actualmente. Agosto 1990. Incorpórase a Telefónica de España, onde desempeñou os postos de Director Xeral de Planificación Corporativa e Director Xeral de Multimedia. Durante a súa etapa profesional nesta compañía foi conselleiro das sociedades Telefónica Internacional, Telefónica de Arxentina e Telefónica Móbiles. Na actualidade é Director do servicio de Estudios de "El Correo Gallego" e Presidente de Predileccións Macroeconómicas.

 Obras realizadas

Como Director Xeral de Planificación de Tabacalera e de Telefónica potenciou a introducción en España de modelos de simulación para a planificación estratéxica, tendo sido un dos principais impulsores da introducción deste tipo de técnicas na gran empresa española. Tamén foi Profesor da Universidade Autónoma de Madrid, realizando traballos pioneiros no campo da modelización macroeconómica aplicada á economía española. É tamén autor e coautor de diversas publicacións de carácter específico. Entre as máis importantes figuran: El coste social de la crisis económica española y líneas básicas para una política de recuperación. Fundación Humanismo y Democracia, Madrid, 1983. (en colaboración con Ancochea Soto, G.; Barea Tejeiro, J. e Monreal Luque, A.) Consumo, dinero y riqueza, Mc. Grow Hill, Madrid, 1989.

 Outros datos de interese

Durante os anos 1993, 1994, e 1995 foi membro do xurado dos Premios Rey Jaime I de Economía, que outorga a Generalidad Valenciana e do que forman parte relevantes personalidades do mundo científico nacional e internacional. No 1994, foi vicepresidente do comité de dirección designado para a realización do Libro Branco das Telecomunicacións en Galicia.